Nova edición do concurso de maquetas de CUAC FM

A radio comunitaria da Coruña convoca o seu XVI Concurso de Maquetas de CUAC FM, unha iniciativa aberta a solistas e grupos da cidade e toda España. A banda Ánima foi a gañadora da pasada edición.

concurso maquetas CUAC FM
Novas propostas para grupos emerxentes. CUAC FM convoca un ano máis o seu concurso de maquetas, e con esta xa van 16 edicións. Ata o 10 de agosto, os solitas e grupos de toda España poderán enviar os seus  traballos á radio comunitaria que emite dende Zapateira.

 Na páxina web de CUAC FM pódense consultar as bases completas dun dos concursos con máis tradición entre os novos músicos da cidade, así como os requisitos necesarios para poder participar. Entre eles, é imprescindible que os artistas interesados teñan menos de dous LPs publicados.

CUAC FMOs dous grupos finalistas participarán nun concerto na Sala Mardi Gras en outubro, e levarán sendos premios económicos de 700 e 500€. Estarán acompañados tamén pola mellor banda local da Coruña e área metropolitana, escollida polos socios da emisora. Hexany foi o gañador nesta categoría a pasada edición. Non o dubides, participa. Moita sorte!

 

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>