X Concurso Galego de Reggae da Asociación Cultural Negus

A Asociación Cultural Negus en colaboración co Fundación Reggae Festival e o Concello de A Coruña, convocan a nivel galego o X Concurso para artistas ou formacións noveis non profesionais.

A convocatoria está aberta a todos os artistas ou asociacións culturais de Galicia, sen existir un límite de membros, que se adiquen ó Reggae ou as coñecidas como Músicas do Mundo. Admítense todas as tendencias, correntes e estilos musicais relacionados: ska, roots, rockstady, calipso, ragga, dancehall, newroots, dub, fusión, soul, gospel, valkánica, etc.

Entre os participantes seleccionaranse dous ou tres bandas que pasarán á final celebrando un concerto na sala O Túnel, na Coruña. Entre os premios que levará o gañador será a gravación dun CD ca súa actuación e a posibilidade de participar en futuros festivais cos que a Asociación Cultural Negus está a negociar.

O prazo de inscripción estará aberto ata o próximo 1 de maio.

Podes consultar aquí as bases do X Concurso galego de reggae asociación cultural Negus.

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>