140 caracteres de amor. Nova edición de Palabras de Amor

Pregúntase Erich Fromm no seu libro “O arte de amar” se o amor é arte. Semella que nesta proposta o amor podémolo atopar nun verso. Ou mesmo un tuit de 140 caracteres con hashtag incluido.

 

140deamor Concurso Palabras de AmorPodes contar en só 140 caracteres que é o amor? Co gallo do Día do libro, o vindeiro 23 de abril, celébrase unha nova edición do concurso “Palabras de Amor“, organizado pola Biblioteca da Deputación da Coruña. A  iniciativa traslada as verbas do papel ás novas tecnoloxías, invitando a crear nunha breve composición de tan só 140 caracteres, un texto que trate do amor ou de calquera das súas variables. Unha oportunidade para amosar a capacidade de síntese ou creación literaria de cativos e adultos, xa que a convocatoria non discrimina en idade nin tipoloxía: As únicas restriccións son que cada participante só pode enviar dúas obras inéditas que non superen os 140 caracteres.

A data límite para achegar os traballos é ás 14.00 horas do 21 de abril e pode facerse ou ben presencialmente no Servizo de Información ou na Biblioteca Infantil e Xuvenil ou a través dun correo electrónico dirixido á biblioteca.info@dicoruna.es. Nas dúas opcións debe mostrarse, ademáis do texto, o nome e apelidos do autor, e-mail e teléfono.

Entre todos os traballos recibidos, tres resultarán gañadores  do concurso Palabras de Amor e recibirán premios como un lote de libros editados pola Deputación, un MP3 ou un Netbook.  Expoñeranse na Biblioteca e serán publicados tanto nas súas redes sociais coma na web.

Unha nova oportunidade para amosar ao creador que cada un de nós leva dentro, e responderlle a Fromm en só 140 caracteres: #140deamor.

140deamor palabras de amor

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>