Mostra internacional de exlibris e obradoiro de litolografía sen auga.

5 - 6Abr

Taller: Litografía sobre pedra sen auga(Todo o día) C/ Industrial, 9, La CoruñaTaller KavhúTipo de evento:Cursos e Obradoiros

Mostra internacional de exlibris que recollerá a fundación CIEC (Centro Internacional de Estampa Contemporánea) e obradoiro de litografía sen auga.

 

O xoves día 3 de abril inaugúrase na Fundación CIEC (Centro Internacional de Estampa Contemporánea), Betanzos, unha mostra internacional de exlibris, un proxecto de intercambio entre Portugal, España e Arxentina, no que participan 20 artistas, entre eles Renata Carneiro, Isabel Pintado, Aiel Kofman, Miriam Rodrigues, Manuel Silvestre, Mariana de Castro, María Verdugo, Juan Sebastián Carnero, Inma Doval ou Rosa Puente.Mostra exlibris

O proxecto está organizado por arTeu (Galicia) e Inkprint Group (Porto). Ambos colectivos convidan a Juan Sebastián Carnero, artista arxentino, a unha estancia artística en Galicia e Porto, onde impartirá un obradoiro de Litografía sen auga.Na Coruña este obradoiro será no taller Khavú (Rua Industrial, 9), o sábado 5 e domingo 6. Ademáis, Juan Sebastián Carnero presentará o sábado día 5, ás 20 horas, na libraría Biblos de Betanzos, os libros La ciudad ambulante, de Darío Semino e Mensajes en una botella, de Viviana Campo ilustrados por el, inaugurando ao tempo unha mostra con ditas ilustracións. Juan Sebastián Carnero ten unha grande traxectoria artística, acadando numerosos premios internacionais, polo que é esta unha grande oportunidade para coñecer a súa obra.

Máis información sobre a exposición en : exlibris e Arteu .

Información sobre o curso en Taller Khavú

Curso litografía en pedra sen auga

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>