Obradoiro de banda deseñada: coñécete a través das viñetas

Xosé Tomás imparte un obradoiro xuvenil de banda deseñada na Bilbioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña.

Obradoiro de banda deseñada - Taller de cómic

Ler conta moito, tamén se é novela gráfica. Foto: Chano Amado

Ler conta moito, tamén se é novela gráfica. Pero se ademáis de ler tamén debuxamos, aínda conta máis. Por iso desde a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, tal e coma informan desde o seu blogue FanComic, organizan este sábado ás 11.30h un obradoiro co ilustrador Xosé Tomás: coñécete a través dos cadriños. 

obradoiro de banda deseñada con xosé tomásA iniciativa pertence á campaña Ler Conta Moito, que pretende dinamizar a lectura nas bibliotecas. O obradoiro consistirá en crear persoaxes baseados no entorno das e dos nen@s e inventar guións sobre as súas vidas. Deste xeito, descubrirán a súas inquedanzas entre os cuadriños da novena arte.

A idade mínima d@s participantes debe ser 12 anos ou máis, e poden inscribirse ou ben na mesma Biblioteca Municipal Infanitl e Xuvenil, ou por outras vías, como son o email (escribindo a binfantil[@]coruna.es) ou chamando ao 981184388 . Todo facilidades para amosar á xuventude como vivir a súa historia entre as viñetas. 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>