Mes do cómic nas Bibliotecas Municipais da Coruña

As Bibliotecas Municipais da Coruña programan oito obradoiros de ilustración e banda deseñada para este mes de agosto da man de recoñecidos debuxantes galegos.

 

Bibliotecas MunicipaisA Coruña vístese de banda deseñada durante o mes de agosto. Si. Do 4 ao 10 dese mes o Salón do Cómic invadirá os arredores dos xardíns de Méndez Núñez xunto á Feira da BD. E celebrarase a primeira edición do Autobán.  As Bibliotecas Municipais da Coruña encargaranse de seguir amosando os segredos do mundo das viñetas da man de recoñecidos ilustradores e debuxantes galegos. Sete serán os obradoiros que se realizarán nas diferentes Bibliotecas Municipais dentro do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Galega. Podes inscribirte dende xa, cumprimentando o seguinte formulario.

Laboratorio Creativo de BD con Henrique Torreiro

5Xullo

III Laboratorio Creativo de Banda Deseñada01:00 Calle Ágora s/n. 15010 A CoruñaBiblioteca Municipal ÁgoraTipo de evento:Cursos e Obradoiros

Henrique Torreiro é un dos maiores expertos de cómic en Galicia e secretario técnico da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Nesta ocasión dirixe un obradoiro creativo tanto para afeccionados como profesionais da BD maiores de 16 anos, que teñan interese en experimentar nas posibilidades narrativas do cómic.

Obradoiro de Santy Gutiérrez

12Agos

Obradoiro ilustración Santy Gutiérrez12:00 Praza de Pablo Iglesias s/n. 15009 A CoruñaBiblioteca Municipal do CastrillónTipo de evento:Cursos e Obradoiros

Santy Gutiérrez é membro fundador do estudio Baobab e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. Colabora diariamente en xornais e revistas na realización de viñetas de humor gráfico.

O obradoiro está destinado a rapaces e rapazas de entre 7 a 15 anos. Nel aprenderán os recursos da arte da banda deseñada creando o seu propio cómic.

Obradoiro de Banda Deseñada Oink!

18Agos

Obradoiro de Banda Deseñada Oink!12:00 Calle Río de Monelos, 1, 15006 La CoruñaBiblioteca Municipal Forum MetropolitanoTipo de evento:Cursos e Obradoiros

Membros do equipo de ilustradores da revista Oink, (si, a do Xabarín Club) aconsellarán aos asistentes durante tres mañás, nun obradoiro creativo dirixido a idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos.

Obradoiro Creativo de humor gráfico con Leandro e Alberto Guitián

29Agos

Obradoiro Creativo de humor gráfico con Leandro e Alberto Guitián11:30 Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte AltoTipo de evento:Cursos e Obradoiros

Leandro e Guitián axudarán a sacar punta ao humor das creacións dos asistentes a este obradoiro dirixido a maiores de 16 anos.

Bibliotecas Animadas

26Agos

Obradoiro: Bibliotecas Animadas10:30 Calle Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A CoruñaBiblioteca Municipal Sagrada FamiliaTipo de evento:Cursos e Obradoiros

Obradoiro onde nenas e nenos de 7 a 12 anos aprenderán as conexións existentes entre o cine, a fotografía, a literatura e as artes plásticas. Neste taller investigarase sobre a imaxe en movemento, a partir da imaxe fixa dende a técnica do Stop Motion.

Imaxinando minchapas con Pinchük impartido por Manuel Cráneo

14Agos

Obradoiro: Manuel Cráneo11:00 Rúa Ágora s/n 15010 A CoruñaBiblioteca Municipal do ÁgoraTipo de evento:Cursos e Obradoiros

A través da lectura dos libros de El diario de Pichük, e da man do ilustrador e debuxante Manuel Cráneo, os cativos e cativas de 6 a 10 anos aprenderán a crear os seus propios personaxes de cómic e deseñaran chapas que poderán levar despois para casa.

Obradoiro de MANGA (Banda Deseñada xaponesa)

28Agos

Obradoiro de MANGA12:00 Plaza Elíptica 1, 1º. 15011 A CoruñaBiblioteca Municipal Os RosalesTipo de evento:Cursos e Obradoiros

Obradoiro de iniciación ao mundo da banda deseñada xaponesa, da man do ilustrador e editor, Gochi. Un taller dirixido a maiores de 9 anos.

Obradoiro de banda deseñada: coñécete a través dos cadriños con Xosé Tomás

27Agos

Obradoiro de Banda reseñada11:30 Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A CoruñaBibioteca Municpal Infantil e XuvenilTipo de evento:Cursos e Obradoiros

Guiado polo ilustrador Xosé Tomás, aprende a crear personaxes e a inventar guións baseados na túa vida cotiá. Dirixido a mozas e mozos de entre 15 a 18 anos.

Horario de verano en las Bibliotecas de A Coruña

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>