I Concurso de monólogos en lingua galega da UDC

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña convoca o seu I Concurso de Monólogos en Lingua Galega.

A participación está aberta a todo alumn@ matriculad@ nalgún curso da universidade.Os interesados deberán gravar un monólogo en lingua galega, en formato DVD, que levará por título: “A miña experiencia universitaria”. O vídeo terá unha duración mínima de 4 minutos e non poderá sobrepasar os 10, sendo o seu contido inédito e orixinal.

Os participantes poden presentar as súas solicitudes ata o 30 de abril. Na semana do 5 ao 9 de maio a UDC difundirá os vídeos a través da web da UDCtv e das redes sociais, para que a comunidade universitaria faga de xurado na primeira criba. O gañador recibirá un premio de 500€ e o segundo de 250€.

Podes ler as bases do I Concurso de Monólogos en Lingua Galega aquí.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>