Volta ao mundo nun dous cabalos

Jorge Sierra é un coruñés que deu unha volta ao mundo nun dous cabalos. O xoves 3, ás 17.00, estará no Forum Metropolitano contando a súa experiencia.

3Xullo

Charla: Móvete´14: Encontro Viaxeiro no Fórum Metropolitano17:00 Calle Río de Monelos, 1, 15006 La CoruñaFórum metropolitanoTipo de evento:Charlas

Jorge Sierra e Naranjito. Foto: Jorge Sierra.

Jorge Sierra e Naranjito. Foto: Jorge Sierra.

130.000 km dende A Coruña até o fin do mundo. E non falamos da distancia a Fisterra, senón do percorrido feito por un coruñés ao longo do planeta, inspirado no libro La terre en rond. Disque non hai nada como ler para deixar voar a imaxinación… ou coller as chaves dun coche e facer os soños realidade. Un bo día de 2008, Jorge Sierra subiu á Naranjito, un Citroen 2 CV, e decidiu dar unha volta ao mundo. Catro anos despois, rematou unha viaxe, “a viaxe da súa vida”, na que coñeceu 65 países e viviu milleiros de historias… entre elas, unha acusación de espionaxe!

Jorge Sierra vuelta al mundoTes interese en saber onde estivo? Que terías que levar ti para facer unha viaxe similar? Ou se só foras ata Fisterra dende A Coruña, pero sen dar tanta volta? Cantos cartos teño que levar? O xoves día 3 de xullo, Jorge Sierra participará nun encontro no Forum Metropolitano da Coruña. O coruñés errante achegará ao público as súa experiencia persoal de catro anos na carretera: destinos, xentes, tradicións, lugares imprecindibles, lembranzas… Historias de catro anos nas que poderás preguntarlle dúbidas, trucos e todo o que queiras para poder realizar ti tamén a viaxe da túa vida.

Se tes interese en viaxar, non o dubides! Participa no encontro con Jorge. Nesta galería podes botar unha ollada ao seu periplo. E se aínda por riba tes interese na fotografía de viaxes, podes participar na XI Edición do Concurso de Fotografías de viaxes Viaxarte até o 1 de setembro.

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>