#Viñetas14: Encontros profesionais

O Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico realiza unha serie de encontros para profesionais da banda deseñada. 

Charlie Aldard, dibujante de The Walking Dead, estará en A Coruña.

O debuxante Charlie Aldard é unha das firmas invitadas de Viñetas desde o Atlántico 2014.

Unha das citas máis agardadas do ano para o público en xeral e para @s amantes da novena arte tamén ten o seu espazo para os profesionais. Os artistas, ilustradores e debuxantes poden participar nunha serie de encontros con grandes creadores da banda deseñada. As estrelas invitadas do arte secuencial desta 17ª edición, como xa explicou o noso coordinador Bruno Lorenzo neste artigo, son Charlie Aldard (The Walking Dead), Marcos Martin (Private Eye), Javier Rodríguez (The Amazing Spiderman) e Zidrou (Lydie).

Horario de verano en las Bibliotecas de A CoruñaPara poder participar nestes encontros, lembramos, dirixidos únicamente a profesionais do sector, é necesaria unha inscrición previa. Se ti, profesional da banda deseñada, tes interese en acudir, tes que enviar un e-mail a  info@vinetasdesdeoatlantico.com.  As datas serán:

Mércores 5:  Javier Rodríguez
Xoves 6: Charlie Aldard
Venres 7: Zidrou
Sábado 8: Marcos Martín

A cita é, todos os días, ás 12.00h no Palexco. Non deixes que a preguiza escriba por ti: só hai 20 prazas para cada encontro.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>