Pegadas do anarquismo coruñés (1870-1936)

O historiador Eliseo Fernández fai un percorrido por medio século de influencia do movemento anarquista na cidade da Coruña.

A Coruña ten historia. Historia que transcorre nun espazo determinado ó longo do tempo e acaba por configurar a realidade dunha cidade. O movemento anarquista forma parte desta historia e deixou a súa impronta entre 1870 e 1936. Desta pegada falou Eliseo Fernández, especialista no movemento anarquista e movemento o obreiro en Galicia. A charla tivo lugar no salón de actos da Fundación da ONCE, organizado polo Club de Opinión Foro Cívico.

Eliseo Fernández explicou que as bases do movemento anarquista foron, e son, a defensa dos dereitos dos traballadores fronte ós abusos do capitalismo e a creación de comunidade para a toma de decisións sen utilizar organizacións superiores. Ás veces tachado de movemento violento, o relator afirmou que o “anarquismo foi mais veces vítima da violencia que executor desta”, aínda que non negou o uso desta por parte dos seus afiliados xa que “naquela época a violencia era consubstancial ó plano político”.

Según Fernández o anarco sindicalismo foi un movemento moi seguido na nosa cidade, cunha notable presenza de 1880 a 1931 aglutinando entre 13.000 e 14.000 afiliados nos anos da segunda República, sendo censurado ata case a súa desaparición tras o levantamento militar de 1936.foro cívico

O anarquismo na sociedade obreira

Nestes anos o anarquismo foi un movemento vinculado  á clase traballadora que xuntábase en sociedades obreiras co fin de conseguir melloras laborais fronte á patronal. A Coruña foi unha das primeiras cidades de España na que os traballadores acadaron unha xornada laboral de 8 horas. Unha petición que comenzaría en 1891 cunha folga xeral pero que non sería real ata a altura de 1900. Eliseo Fernández contou tamén que os obreiros da construción, debido a crise económica producida polo crack do 29 que produxo unha volta masiva da emigración, pediron unha xornada laboral de 6 horas “co fin de repartir o pouco traballo existente entre os demandantes de emprego”. Estes asociacionismos non so se producían no ámbito obreiro, senón tamén no campesiñado: por exemplo, coa Fundación Campesiña de San Pedro de Nós ou o sindicalismo do mar. Da plataforma Despertar marítimo nace na Coruña o Sindicato da Industria Pesqueira que pronto se estendeu por toda a costa galega, sendo xa de aquelas unha preocupación do sector a pesca con dinamita, aínda practicada na actualidade.

A influencia cultural

O historiador tamén destacou a vertente cultural do movemento ca existencia de ateneos e agrupacións como Germinal, fundada en 1902, adicadas as charlas sindicais pero tamén ó ocio e a creación de vida comunitaria. Nomeou ademáis a existencia de escolas anarquistas que contaban co apoio de outro movemento, o socialista, xa que na súa maioría eran persoas cunha baixa formación para poder exercer de mestres de escola. Unha relación que non existía noutros ámbitos como a afiliación obreira xa que existía competencia sindical entre ambos movementos.

Varios foron os xornais desta ideoloxía publicados durante este período na cidade como El Corsario, La lucha obrera ou Brazo y cerebro. O movemento tiña tamén presencia no mundo do deporte co Clube de Fútbol CNT ou a traiñeira Velai vai.

 O anarquismo e a muller

Eliseo Fernández conta que, a principios do século pasado, a muller tiña un importante peso na vida laboral coruñesa, con 4.000 traballadoras na industria, principalmente na tabacaleira, e outras tantas no sector servizos. Á tabacaleira pertencía a coñecida organización das chaconeras, nome que recibían polo seu presidente, Federico Chacón. O movemento anarquista tamén foi canle de entrada de propaganda para o control da natalidade e o uso de profilácticos.

Apelidos vinculados o movemento.

Fernández tivo recordatorio de sagas familiares da cidade historicamente vinculadas o movemento anarquista:a familia Villaverde Otero, Montes Don, Longueira ou Someso son algúns exemplos. O movemento anarquista foi, segundo Fernández, unha ideoloxía de forte vertebración social durante case medio século na realidade da cidade presente en tódolos ámbitos da vida. Unha pegada que forma parte da nosa propia historia, como moitas outras, e que debemos coñecer.

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>