II Congreso da Formación e demanda

A Coruña acolle o II Congreso de Formación e Demanda 0 vindeiro 29 de maio.

 

incoruñaNo marco de inCoruña, o vindeiro 29 de maio terá lugar o II Congreso de Formación e Demanda. Trátase dunha cita dirixida a tod@s @s profesionais do sector da formación (academias, consultorías, centros) e persoal de recursos humáns así coma técnicos de formación de empresas.  O congreso, que será de balde para @s asistentes, terá lugar no auditorio da Delegación Territorial da ONCE e contará coa presencia de formadores profesionais.

O II Congreso de Formación e Demanda é unha actividade promovida por incoruña, inciativa da Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA) . A xornada do día 29 contará con profesionais cualificados que, a través de parladoiros e mesas redondas, falarán de temas como a eficiencia, rentabilidade ou novidades no modelo de formación profesional para o emprego.

Como actividade complementaria ao Congreso, a Fundación Tripatita impartirá un taller práctico a mañá do día 28, e pola tarde tres cursos paralelos. As actividades desde día son de pago e terán lugar no hotel Attica21.

Para máis información sobre o congreso podes consultar a páxina de incoruña.

calindario

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>