Día das Letras Galegas na Escola da Arte de Superior de Deseño Pablo Picasso

Co gallo do Día das Letras Galegas 2014, a Escola da Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) organiza o xoves 15 unha xornada festiva con charlas e exposicións.

15Maio

Letras Galegas na EASD Pablo Picasso11:00 Os Pelamios, 2. 15001 A CoruñaEASD Pablo PicassoTipo de evento:CharlasFamiliarInauguracións

creación EASD Picasso letras galegas As actividades programadas polo Equipo de Dinamización da Língua Galega da EASD co gallo do Día das Letras Galegas comezan o xoves 15 ás 11.00 cunha conversa con Jorge Llorca, profesor da mesma. Creación plástica, creación literaria, é o título do parladoiro que terá lugar no salón de actos da EASD.  O alumnado de 1º das Ensinanzas Profesionais de Ilustración preparou unha exposición sobre o libro O Salto do Can, de Llorca, quen acadou o premio Blanco Amor no 2013 coa obra O violín de Rembrandt.

Ademáis de Jorge Llorca, o gran protagonista é Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014. O alumnado de 2º das Ensinanzas profesionais de Ilustración realiza unha mostra de carteis obre o escritor, e no centro tamén terá lugar unha exposición didáctica do autor de  Nimbos. 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>