Parladoiro de colleitas innovadoras… de aquí o lado.

Parladoiros do Mercado da Colleita amosa oito iniciativas empresariais do rural galego.

teatro Rosalía da Coruña acolleu unha nova edición de Parladoiros, un espazo de difusión e recoñecemento de iniciativas de emprendemento exitosas, hoxe en día empresas asentadas, do rural galego. Si, si… ese que temos aquí o lado e ás veces non miramos para el. O da “aldea dos avós”. Pois eles tamén emprenden, e adícanse a defender a marca galega coa calidade dos seus produtos.

Parladoiros é unha xornada para dar a coñecer proxectos o máis puro estilo Conferencias TED. Sete dos proxectos presentados están relacionados co bandullo, reivindicando que non só a carne e o peixe  son os únicos produtos galegos de calidade. Chícharos, castañas, queixo, viño, sidra e galletas mariñeiras abriron o apetito dos presentes. Tamén tivo o seu momento a cestería, arte de delicada elaboración como as cegoñas que fan os seus nidos.

Miguel Arean de Castañas Naiciña

Miguel Areán, de Castañas Naiciña

O guisante Lágrima, ouro verde”

Santiago Pérez fálanos da xoia da coroa de Fincas los Cuervos. Unha empresa que aposta polo vexetal galego. A demanda deste tipo de chícharo polos mellores cociñeiros de España foi o impulso ó negocio.

En Fincas los Cuervos adícanse a recuperar variantes de especies en desuso nos nosos pratos. É o caso deste vaina. Un traballo a longo prazo que acaba por dar os seus froitos xa que, precísase de 3 a 4 anos de investigación antes de conseguir unha colleita ampla e de calidade dun produto recuperado.

A diferencia entre o nido que fai un paxaro e unha cesteira é mínimo”

Idoia Cuesta, de Cestería Contemporánea, contounos que o de cesteira é un dos oficios mais antigos do mundo, pero que ela descubriuno tras facer un obradoiro na facultade, mentres preparaba a súa tese en bioloxía. Hoxe compárase coas cegoñas que collen prestados os vimbios que planta diante da súa casa en Outeiro de Rei. Estes, entrelazados, non serven só para conter, senón tamén para amosar en arquitectura e decoración, ou mesmo como complementos de moda para a máis elegante das modelos.

A castaña é o froito máis rendible por hectárea neste momento”.

Miguel Arean de Castañas Naiciña puxo en valor o froito dunha das nosas árbores por excelencia, o castiñeiro. Estos xeran entre 12.000 e 15.000€ por hectárea se son ben traballados. Non está mal para un froito considerado “dos pobres”. Iso sí, isto non se fai da noite á maña. Cansados de que italianos e franceses compraran o produto galego e o venderan como deles, levan dende os anos 90 facendo unha transformación integral da castaña.

A súa maior “dor de cabeza” é “o problema de dereito civil” que hai en Galicia ca terra: a multitude de donos que pode chegar a ter un anaco de terra. Por todo o demais, “Galicia é a mellor terra do mundo para a produción de castañas” .

Mais que un culín, un jrolo”

Miguel Soto da cooperativa Ullana presentounos A Rabiosa, unha especie en proceso de patente autóctona da bisbarra do Ulla que fai unha sidra que non ten nada que envexar á dos veciños asturianos. Gracias a esta mazá e o seu “destrado”, destilado na Estrada, estase a fixar poboación neste territorio rural.

 “É mellor unha línea de ingredientes que unha folla enteira”

Isto é o que pensa das súas galletas mariñeiras Xosé Luis Llamazares de galletas Daveiga. “Cando os mariñeiros marchaban o mar, ás veces durante meses ou anos, precisaban levar víveres para a travesía. O que mellor conservaba era o pan seco. Podes facelo cocendo dúas veces, biscoito, ou facer un proceso lento de cocción ata que seque. Iso é o que facemos nós.” Hoxe as galletas mariñeiras comémolas todos e as levan os turistas como souvenir.

O home é o que revela o terroir

O terroir é a identidade dun viño. A suma de uva, chan, clima e a man do home. Dominique Roujou, de Terroir en botella, un francés afincado na Ribeira Sacra, enxalzou a calidade do tinto desta zona. “Un tinto suave, alegre e elegante” capaz de competir cos mellores tintos do mundo.

Parladoiro da colleita1

 

Non fabricamos ovos, coidamos galiñas”

Esta é a filosofía de Nuria Varela, cabeza de Pazo Vilane. Urbanita reformada que transformou o pazo en ruínas que pertencía a súa familia nunha granxa de galiñas en liberdade. Trata de volver a aquela economía agraria feudal, pero sen o señor, co obxectivo de crear postos de traballo e riqueza no campo.

 

As vacas son as protagonistas, tratámolas como raíñas”

Quedaron para o final as raíñas dos nosos pastos. Germán García Cortes e a súa irma herdaron unha queixería con 25 anos de tradición. En vez de vendela crearon Cortes de Muar. Un queixo moi ben vestido e cremoso que se vende nas mellores queixerías do país.

 

Este Parladoiro do mercado da colleita demostrou que innovar e modernizar non significa industrializar e que, o produto máis olvidado pode ser unha nova fonte de riqueza.

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>