Campamentos e obradoiros creativos infantís

Cinco alternativas de ocio cultural para que os máis cativos pasen as mañás do verán aprendendo.

Cada vez arrecende máis a verán e con el chegan os campamentos urbáns e actividades de lecer para que @s cativ@s podan pasar os días estivais entretidos, convivindo e aprendendo. Estes cursos e campamentos son tamén táboa de salvación de moitos pais que, unha vez rematado o curso, buscan alternativas para que @s pequen@s non pasen o día diante do televisor.

Aquí vos propoñemos dous campamentos e tres obradoiros artísticos para nenas e nenos que, de seguro, procurarán o ser máis creativo d@s pequen@s.

Campamento de verán no Museo de Belas ArtesCAMPAMENTOS VERÁN_Museo_Belas_Artes

O Museo de Belas Artes da Coruña propón catro mañás na que os protagonistas, equipados con ferramentas de auténticos exploradores,  adentraránse nos segredos que oculta a ampla colección de arte do museo.  Impartido polo equipo de Crearte.

Dirixido a cativos de 5 a 12 anos.

Datas:
Do 1 ao 4 de xullo (de 1o.30 h a 14.30 h).
Do 8 ao 11 de xullo (de 10.30 h a 14.30 h).
Do 15 ao 18 de xullo (de 10.30 h a 14.30 h).
Do 22 ao 24 de xullo ( de 10.00 a 14.00h).

Obradoiro semanal cunha matrícula de 25 €.

Os grupos serán dun mínimo de 15 nenos. Podes reservar praza no teléfono 881 881 700 ou no correo mu.belas.artes.difusion@xunta.es

 

Art Camp 2014: Campamento Artístico para nenos e nenas no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa.

Tomando as exposicións existentes como fío condutor das actividades, o Departamento de Educación do MAC propón unha serie de actividades que combinarán a creación plástica, deseño e construción de tecnoloxía, xogos de psicomotricidade e cooperación e realización de proxectos audivisuais. Algunhas das actividades serán levadas a cabo en inglés.

Dirixido a nenos e nenas entre os 7 e 12 anos.

Duración: Dúas semanas, primeira: 30 de xuño ao 4 de xullo, segunda: 7 ao 11 de xullo.

Prezo: 60 € primeira semana, 100 € as dúas.

 

Vangardas: cor e emoción é un taller de pintura.

Vangardas: cor e emoción é un taller de pintura.

Máis información.

 

Obradoiro de pintura. Vangardas: cor e emoción.

Este obradoiro gratuito pretende achegar aos rapaces o mundo da vangarda. Durnte unha semana, cada día descubirán un novo artista do movemento e traballarán creando un cadro que poderán levar á súa casa.
Dirixido a nen@s a partir de 7 anos.

Datas: 
Días 23, 25, 26 e 27 de xuño
Días 30 de xuño, 1, 2, 3, e 4 de xullo
Días 7, 8, 9, 10 e 11 de xullo
Días 14, 15, 16, 17 e 18 de xullo
Días 21, 22, 23 e 24 de xullo
Días: 28, 29, 30 e 31 de xullo

Prezo e inscrición: De balde, a partir do 14 de xuño.

Máis información.

 

A Fundación Luis Seoane acolle a mostra Juliao Sarmento. Guest or Hold?

A Fundación Luis Seoane acolle a mostra Juliao Sarmento. Guest or Hold?

Obradoiros creativos infantís na Fundación Luis Seoane

Partindo da mostra Juliao Sarmento. Guest or Host?, a Fundación Luis Seoane propón unha serie de actividades relacionadas co multidisciplinar artista portugués e a diversidade de formatos que emprega nos seus proxectos.

As e os máis pequen@s poderán expresarse a través do papel grazas ao emprego de técnicas como o grattage. Nestes obradoiros tamén crear��n micro relatos mediante a práctica da performance.

Máis información.

 

Obradoiro de Teatro para nenos e nenas

Obradoiro creativo para coñecer a fondo a variedade de dinámicas teatrais, exercicios de fantasía, xogos de dramatización e improvisación e manexo do corpo e a voz. Poñerase énfase no traballo en equipo, desenvolvemento da confianza, deshinibición e estímulo da imaxinación e concentración.

Dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Grupo de 4 a 7 anos: Luns a mércores de 1o.00 h a 12.00 h, xullo e agosto.
Grupo de 8 a 12 anos: Luns a mércores de 17.00 h a 19.00 h, xullo e agosto.

Prezo: 60€ un mes, 100 € dous meses.

Máis info: info@latuerka27.com ou no teléfono 618470512.

 

 

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>