Vivir na Coruña, mellor blog informativo cultural no Festival de Social Media MexilOnseTuits

Esta fin de semana MexilonseTuits, o Festival de Social Media de Galicia, entregou os Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais. Vivir na Coruña resultou unha das propostas escollidas polo xurado nesta edición.

Premios Galegos de Marketing - Festival de Social Media de Galicia MexilonseTuits. Foto: Marcus Fernández

Premios Galegos de Marketing – Festival de Social Media de Galicia MexilonseTuits. Foto: Marcus Fernández.

Os Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais, os MexilonseTuits, que distinguen aos mellores traballos de marketing e comunicación de proxectos galegos que utilizan as redes sociais como canle de distribución dos seus contidos, escolleron Vivir na Coruña como mellor blog informativo cultural nun acto celebrado onte pola mañá no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo.

Lucía Pita e Daniel Fernández, de Vivir na Coruña. Foto de Marcus Fernández

Lucía Pita e Daniel Fernández, de Vivir na Coruña. Foto de Marcus Fernández

O xurado do MexilOnseTuits, o único Festival de Social Media de Galicia, composto por profesionais da comunicación, xornalismo e marketing como Álvaro Gómez, José Manuel Regueiro, Marcus Fernández, Manuel Bustabad ou Lúa Monasterio, decidiu premiar á iniciativa cultural Vivir na Coruña valorando a calidade das publicacións así como a interacción coa comunidade por diante de propostas tan interesantes e seguidas por nós, coma son Briefing Galego e Tanaka Music, na que colaborou a nosa compañeira Bea Camiña. Tanto na entrega dos MexilOnseTuits como agora na rede, queremos agradecer o esforzo por dar a coñecer a música local e galega na rede, compartir con ela o premio e desexarlle moita sorte no novo proxecto que vai comezar nuns días.

Outras iniciativas foron premiadas nesta III edición, como foron as tamén coruñesas Sabor Place como mellor integración e-commerce. O xurado escolleu como mellor blog turístico Chavetas.esmellor blog de moda, Paula Deiros’s SecretsTravi en la cocina como mellor blog gastronómico; Koama, con tu cocina como mellor campaña comercial e a campaña Salvemos Galicia da Megaminería foi a gañadora na mellor campaña social e tamén na categoría mellor vídeo viral.O xornalista Nacho Mirás, autor de Rabudo.com e o libro El mejor peor momento de mi vida, recibiu unha Mención Especial do xurado. Mirás agradeceu e adicou o recoñecemento á sanidade pública.

Nacho Mirás, Dani Fernández e Lucía Pita nos MexilOnseTuits - Foto de Marcus Fernández

Selfie de Nacho Mirás con Dani e Lucía de Vivir na Coruña. Foto: Marcus Fernández

Este premio MexilOnseTuits é para nós un novo apoio que sumamos ao premio Smart Ideas no Smart Weekend organizado polo Concello da Coruña,  coma é tamén o apoio da veciñanza, artistas, locais e institucións coma o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, MAC, onde somos residentes.

Pero moi especialmente, é un apoio e agradecemento á xentiña que, dalgún xeito, fixo ou fai posíbel este proxecto: Bárbara Vilariño, Bea Camiña, Bruno Lorenzo, Chano Amado, Chisco Naval, Cris Andina, Doda Vázquez, Eduardo Fernández, Eloy Vázquez, Fran Queiruga, Luisa Castiñeira,Javi Mos, Javier Maestro, Juan Martínez, Maribel Longueira, Olga Romasanta, Silvia Carregal, Sindo Novoa, Xacobe Meléndrez, Xavi Presas e Xavier Alcalá. Grazas!

Podes ver máis fotos nas galerías de Código Cero e no Flickr de Xavi Presas e do propio Festival.


Pin It

2 Comentarios sobre “Vivir na Coruña, mellor blog informativo cultural no Festival de Social Media MexilOnseTuits

  1. Moitísimas gracias por participar e Parabéns polo premio que é un recoñecemento a boa labor que estades a facer a prol da cultura na Coruña. Vivir na Coruña que bonito é….;-)))))

    • Lucía Pita 21/10/2014 at 00:48 - Reply Author

      Grazas, Fran!! Foi un pracer participar, non agardabamos para nada o recoñecemento e para nós é unha inxección de enerxía incríbel!! GRAZAS!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>