Vivir na Coruña en Radio Coruña Cadena SER

Comeza unha nova etapa en Vivir na Coruña. Nos meses de verán, poderás escoitar a nosa axenda en Radio Coruña – Cadena SER, a través da web, do 93.4 FM ou 1080 OM. A cita é os mércores ás 13.45 h.

 

Radio CoruñaSe es d@s que leva toda a vida co transitor pegado á orella, agora tamén podes escoitar a axenda cultural de Vivir na Coruña! Dende hoxe, e nos meses de verán, colaboraremos no programa Hoy por Hoy, dirixido por Mayte González. Os mércores, ás 13.45 h., adiantaremos algúns dos contidos que tratamos na web, difundindo cultura non só a través da rede, senón tamén nas ondas. Que che parece?
A través do Facebook e do Twitter de Vivir na Coruña tamén poderás seguir o programa. Pero se non podes escoitarnos ao vivo ou prefires facelo noutro intre, lembra que nesta mesma páxina (www.vivirnacoruna.es/radio) poderás escoitar o podcast da sección.

Queres participar? Non dubides en facer as túas consultas vía Facebook ou Twitter, estaremos pendentes das túas propostas!

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>