Quen somos?

 

“- Onde imos? – Pois non sei… que hai hoxe?”

Benvid@ a Vivir na Coruña! Xurdimos en abril de 2014 como unha plataforma cultural para tod@s. Un lugar donde atopar de xeito sinxelo os eventos culturais da cidade. Non só aqueles concertos, exposicións ou obras de teatro dos lugares máis emblemáticos e coñecidos, que tamén, senón que queremos que sexa unha porta aberta a todas esas actividades que, a cotío, pasan inadvertidas para gran parte da poboación que non segue nas redes a eses locais ou institucións concretas, ou que non forman parte das cadeas privadas de emails que as anuncian.

As e os poetas, artistas ou axentes culturais soen dicir que presentacións e recitais acaban sendo un encontro familiar, “coa xente de sempre”. Nós queremos que isto siga sendo así pero que esta familia vaia medrando. Queremos devolver a palabra e a literatura ao espacio que lles corresponde no lecer social. Ademáis, arredor do noso calendario elaboraremos un contido propio e de calidade grazas ás colaboracións. Este será espazo para a conversa, a opinión e a difusión cultural, sempre dende un talante respetuoso.

Esperamos, pouco a poco, ir gañando un oco no voso tempo de lecer e consulta. Esto significará o máis importante, que somos de utilidade para vós.

Di adeus o: – “Fuches ó de onte? – Non, nin me enterei”; e di… Ola, Vivir Na Coruña!


Alberto Lorenzo
Bárbara G. Vilariño
Bruno Lorenzo
Chano Amado
Cris Andina
Denís Graña
Eduardo Fernández
Eloy Vázquez
Fran Queiruga
Jaime Martínez
Javier Martínez
Javier Mosquera
Luisa Castiñeira
Silvia Carregal
Víctor Marque

Tamén colaboran ou colaboraron
Bea Camiña
Chisco Fdez. Naval
Daniel Fernández
Doda Vázquez
Javier Maestro
Juan Martínez
Lucía Pita
Luis Alipio
María Pardo
Maribel Longueira
Olga Romasanta
Sindo Novoa
Tino Abad
Xacobe Meléndrez
Xavier Alcalá

Pin It