Día do Cómic Gratis na Coruña

Si. De balde. Mañá celébrase o Día do Cómic Gratis en toda España, e nas tendas Alita da Coruña.

10Maio

Día do Cómic Gratis10:30 - 21:00 Rúa do Orzán, 94 A CoruñaAlita CómicsTipo de evento:FamiliarLetras



DDCG Día Do Cómic GratisPor entrar na tenda, levas un cómic de agasallo. De balde. Así de simple. É o Día do Cómic Gratis, unha iniciativa que pretende dar achegar o mundo do cómic a novos lectores e dar a coñecer o traballo dos autores e das librarías especializadas no sector. Celébrase sempre o segundo sábado de maio, unha semana despois do Free Comic Book Day estadounidense, unha cita con miles de seareiros. Moitos deles acuden ás tendas disfrazados!

Cada ano aumenta o número de persoas e tendas que participan nesta festa na que non é necesario realizar unha compra, pero pódese aproveitar para coñecer o mundo da ilustración da man dos expertos. Os exemplares que se reparten gratuitamente son edicións especiais. Unha delas é unha publicación exclusiva do Día do Cómic realizada por varios autores, da que este ano Ealy Shaun fai a portada. As tendas tamén repartirán outros cómics, como os especiais de ECC (DC Cómics) e Panini Cómics (Marvel).

Na Coruña tamén poderemos disfrutar desta iniciativa e compartir momentos con ilustradores da cidade. A cita será nas dúas tendas que Alita Cómics ten na cidade, na Rúa do Orzán e Ronda de Nelle 120. Se non es da Coruña pero queres saber onde podes celebrar o Día do Cómic, aquí podes botar unha ollada.

Pin It

2 Comentarios sobre “Día do Cómic Gratis na Coruña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>