A cidade vella celebra o Día dos Museos

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos. Unha das citas claves para disfrutar da súa actividade é a xornada festiva promovida pola Casa Museo Emilia Pardo Bazán o venres 16, que dotará á cidade vella coruñesa de numerosas iniciativas culturais.

pardo bazánA Casa Museo Emilia Pardo Bazán convoca á cidadanía, co gallo do Día dos Museos, a unha festa cultural no corazón da Coruña: a cidade vella. Dende as 5 da tarde ata as 12 da noite do venres 16, a arte, a música, as charlas e os obradoiros protagonizarán as iniciativas na Casa Museo (Tabernas, 11) e no seu contorno nesta xornada festiva.  Realizaranse dúas visitas guiadas pola cidade vella a cargo de alumnos e alumnas da Escola Universitaria de Turismo, con saída da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán ás 19.00 e ás 21.00. Ademáis, todas as personas que visiten tanto a Casa-Museo como o Museo da Colexiata recibirán un catálogo dos mesmos. 

Programa de actividades na cidade vella

17:00 h. Visitas familiares. Obradoiros de chapas e xogos de descubrimento.

18:00 h. Inauguración da exposición Tradición e modernidade fronte a fronte. MKM Fotografía. Instalacións nas salas do museo.

18:30 h. Presentación compacta de colectivos da cidade vella:
• A Casa da Fariña (Espazo de traballo, aberto á comunidade). Pr. Azcárraga, 6.
• Polisemias (Talleres de escritura creativa). R/Nosa Señora do Rosario, 5.
• Zlick. (espazo creativo de fotografía).R/ Porta de Aires, 15.

19:00 h. Lectura poética urbana. Audiovisual sobre o poema “Jaime” de Emilia. Por Amánturi.

O Museo da Colexiata agasallará cun catálogo ás visitas. Foto: Chano Amado.

O Museo da Colexiata agasallará cun catálogo ás visitas. Foto: Chano Amado.

19:30 h. Praza de Azcárraga. Intervención creativa musicada. “DIM Jaime” Comisaria de ambas experiencias: Amabel González Troncoso.

• Rome. Escritor de graffiti.
• Laura Piñeiro. Artista contemporánea.
• Arufe. Rap-DJ.

 20:00 h. Teatro PORTASABERTAS. Tres de tres  (sainetes cómicos)

21: 00 h. Música tradicional. Asociación Xebre.

22:00 h. Trío de Jazz. Eduardo “Dubi” Baamonde.

23:00 h. Música pinchada. Djanes Storm e Häxan.

Unha oportunidade para disfrutar da cultura da cidade vella cos colectivos que nela conviven cada día.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>