Unha ducia de Cans chega á cidade

[add_single_eventon id="8130" ]

Co gallo da 12ª edición do Festival de Cans, ao longo de 12 semanas no espazo NORMAL desenvolverase o proxecto DUCIA DE CANS.

duciadecans pequeno

Os chimpíns toman a cidade! Dende o 4 de novembro até o 30 de xaneiro, o Festival de Cans trasládase á Coruña. Tranquilidade, que non é unha hipsterada nin un cambio de ubicación: é máis unha cuestión de achegar o espírito deste encontro á cidade herculina.

No vindeiro ano 2015 cúmprense 12 edicións do Festival de curtametraxes máis coñecido de Galicia, ao que non lle sentan mal as comparacións mediáticas co seu irmán maior Cannes, pois (agro)glamour ten dabondo. A aldea pontevedresa de Cans vólcase cada ano na celebración do seu singular Festival que, ademáis de amosar curtas, acolle estreas de longametraxes ou documentais, rutas de senderismo, faladoiros con realizadores audiovisuais, ou actuacións musicais. E todo isto ten lugar nos alpendres, baixos e espazos da propia veciñanza.

Esta cuestión é a que  NORMAL pretende amosar á cidadanía coruñesa, e por iso acollerá un singular proxecto, que desenvolverá durante 12 semanas (tantas coma edicións cumpre Cans este ano) coa teima de achegarnos o espíritu do Festival.  Charlas, proxeccións, concertos de bandas que xa pasaron pola pequena aldea de Pontevedra e moitas máis actividades terán  lugar desde esta semana até o vindeiro xaneiro. O proxecto Ducia de Cans vén traballándose nun obradoiro coordinado entre Hábitat Social e o estudio Creus e Carrasco no que, tras analizar as transformacións da vida cotiá que suxire propio o Festival de Cans, incluindo unha visita á localidade, realizarán esta intervención na Coruña.

A continuación deixamos o programa completo do proxecto Ducia de Cans.

NOVEMBRO

[add_single_eventon id="8242" ][add_single_eventon id="8244" ] [add_single_eventon id="8245" ][add_single_eventon id="8246" ][add_single_eventon id="8247" ][add_single_eventon id="8248" ][add_single_eventon id="8249" ][add_single_eventon id="8250" ][add_single_eventon id="8251" ][add_single_eventon id="8252" ][add_single_eventon id="8253" ][add_single_eventon id="8254" ][add_single_eventon id="8255" ]

DECEMBRO

[add_single_eventon id="8256" ][add_single_eventon id="8257" ][add_single_eventon id="8258" ][add_single_eventon id="8259" ][add_single_eventon id="8260" ][add_single_eventon id="8261" ][add_single_eventon id="8262" ][add_single_eventon id="8263" ][add_single_eventon id="8264" ]

XANEIRO

[add_single_eventon id="8265" ][add_single_eventon id="8266" ][add_single_eventon id="8267" ][add_single_eventon id="8268" ][add_single_eventon id="8269" ][add_single_eventon id="8270" ][add_single_eventon id="8271" ][add_single_eventon id="8272" ]

 

 

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>