Torre de Breoghán: A luz dos Milésians, unha experiencia sensorial

21Xuño

Concerto: Torre de Breoghán - A luz dos milesians20:30 Glorieta de América, 3. 15004 A CoruñaPalacio de la ÓperaTipo de evento:Música

22Xuño

Concerto: Torre de Breoghán - A luz dos milesians12:00 Glorieta de América, 3. 15004 A CoruñaPalacio de la ÓperaTipo de evento:Música

A Orquestra Sinfónica de Galicia e Luar na lubre presentan Torre de Breoghán: A luz dos Milésians, un concerto tan épico como a historia que conta.

As lendas irlandesas contan que Breoghán fundou unha cidade á que chamaron Brigantia e na que se construíu unha torre que levaría por nome Thor Breoghán. Dende ela Ith, fillo deste, observaría ao lonxe, entre a néboa e ao norte, unha terra. Sentiría dentro del a chamada de descubrila e coñecela, e embarcando seguido dos seus homes…acabaría por atopar a morte por traizón. Os fillos de Mil, irmán de Ith, coñecendo a morte do seu tio, navegarían ata esa terra para facela súa. Isto é coñecido como a conquista de Irlanda. Entre os homes que partiron viaxou Amergin o bardo, primeiro poeta irlandés, tal e como recoñecería o Premio Nobel Seamus Heaney. Esta historia atopase no libro Leabhar Gabhala, transcrición da tradición oral da illa feita polos monxes irlandeses no S. XI e que recolle o relato da conquista da Irlanda.

Thorre de Breoghan: A luz dos Milésians. Foto: Sindo Novoa.

Thorre de Breoghan: A luz dos Milésians. Foto: Sindo Novoa.

Este é o tema central e que da nome ao proxecto Torre de Breoghán: A luz dos Milésians que estrea esta noite, xunto a outro pase dominical, Luar na lubre e a Orquestra Sinfónica de Galicia. Para os que teñan a sorte de asistir, o concerto constará de catro actos diferentes, mais conectados pola súa vinculación con Galicia. O primeiro destes é un canto musical e visual aos catro elementos básicos que conforman o ser e a paisaxe: auga, lume, pedra e ar. Como referencia ao vento soará un dos himnos non oficiais galegos, o clásico O son do ar, que co acompañamento da OSG soa máis profunda e evocadora que nunca. No segundo acto interprétanse pezas do cancioneiro medieval galaico-portugués, entre elas dúas das máis coñecidas do trobador Martin Codax, ás que poñerá voz a cantante Paula Rey. O concerto pecharase cun último tempo dedicado a interpretacións do repertorio propio de Luar na lubre, así coma ao cancioneiro tradicional galego.

Orquesta Sinfónica de Galicia e Luar na lubre. Thorre de Breoghan: A luz dos Milésians. Foto: Sindo Novoa.

Orquesta Sinfónica de Galicia e Luar na lubre. Thorre de Breoghan: A luz dos Milésians. Foto: Sindo Novoa.

Pero a parte principal, a que da nome a este espectáculo, é a terceira. Nesta nárrase a historia dos Milésians, a de Ith e a conquista de Irlanda, unha composición épica chea de forza e mitoloxía. Nun proxecto destas características son moitas as persoas involucradas. Ademáis do grupo Luar na lubre, liderado por Bieito Romero, e a Orquesta Sinfónica de Galicia dirixida por Diego García, compre salientar os arranxos musicais de Nani García, a escenografía de Franc Aleu, Premio Nacional Audiovisual 2012, e os efectos visuais de Estefanía Cagigao. Estos elementos destinados a vista, os que unidos a simbiose musical das dúas agrupacións, fan de Torre de Breoghán toda unha experiencia sensorial. A interpretación deste proxecto terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña o sábado 21 e o domingo 22 de xuño. Despois viaxará por España e Europa, e Luar na lubre estará acompañada polas diferentes orquestra locais nas que actúe.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>