Volven os concertos Viernes de Cantautar

Chega o primeiro concerto da tempada do ciclo Viernes de Cantautar. A cita é este venres ás 22.00 h. no Bâbâ Bar.

O venres 3 de outubro os concertos de Viernes de Cantautar retoman a súa actividade no Bâbâ Bar. A Asociación Viernes de Cantautar é a única agrupación cultural galega de ámbito autonómico centrada na música de autor, sendo os socios que a compoñen tanto músicos como simpatizantes deste estilo de música.

Viernes Cantautar2Antes incluso da súa constitución formal como asociación, no ano 2013, os impulsores de Viernes de Cantautar, organizan unha vez ao mes concertos que serven para dar a coñecer o traballo de diferentes cantautores galegos e do resto da península. A formula é simple e funciona: varios artistas interpretan temas propios mesturados con cancións de autor recoñecidas por tod@s.

Neste primer concerto do curso a homenaxe será para La Mandrágora, o primeiro álbum gravado por Joaquín Sabina, Javier Krahe e Alberto Pérez. Os que subirán ao escenario serán Miguel Castro, Miguel Alonso, César de Centi e Paris Joel. Paris, cantautor de Sada e presidente de Viernes de Cantautar,  volverá a cantar tras a súa recente retirada dos escenarios hai un par de meses. “Participaré de forma esporádica siempre que la Asociación me lo pida, pero más que nada de apagafuegos. La idea es que toquen otros socios. Pero como primer concierto y presentación del DVD de Viernes de Cantautar, nos toca empezar el curso a los miembros de la directiva, César y yo”, confirma Paris Joel.

Durante o concerto presentarase o DVD de Viernes de Cantautar, gravado en directo o pasado 14 de xuño durante o último concierto antes do parón estival, no que participaron quince cantautores galegos.

Dende Vivir na Coruña cremos na importancia deste estilo musical e apoiamos as apostas persoais que se encontran tras estes proxectos, por iso queremos sortear unha entrada dobre para este venres, máis unha copia do DVD que se presentará.

Se queres participar no sorteo, tes ata as 21.00 h. do vindeiro xoves para entrar nel. O sorteo realizarase no noso Facebook. Entre as respostas válidas na publicación, e a través da aplicación web Sortea2, sairá deste proceso a persona gañadora da entrada dobre e unha suplente.  Nese momento comunicaremos quen é a gañadora que terá até ás 12.00 h. do venres, día do concerto, para poñerse en contacto con nós a través dunha mensaxe directa no Facebook ou vía e-mail. Se non conseguimos falar con ela, avisaremos á suplente. Moita sorte!

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>