SEMANA DA MÚSICA INFANTIL

Dentro das actividades paralelas da XLIV Feira do libro destaca esta Semana musical para os máis peques. Desde o domingo 2 ata o sábado 8 terán lugar un total de 7 concertos para os máis pequeniñ@s da casa. Todos eles nos xardíns de Méndez Núñez ás 20.00h.

 

Luns 3: Golfiños | Té, chocolate, café

Catorce textos coas súas cantiguiñas, onde atoparemos a un peixe moi mentireiro, a unha bruxa que nos quere converter en moitos animáis, á fermosa Rosiña a que lle encanta viaxar en cabalos de cores, tamén poderás xogar as adiviñas e moitas sorpresas que atoparás en cada melodía ao longo deste traballo,para que os pequenos gocen acompañados das súas familias, dun son único en cada tema.
As fermosas ilustración de Carlota Liz (Unha nena de 5 aniños) e Elena Paz son o complemento ideal para este traballo tan coidado e tan axeitado para nenos e nenas de cero a seis anos. + INFO

 

Martes 4: A Gramola Gominola | A Gramola Gominola

A Gramola Gominola naceu entre lendas do rock, do blues, do reagge ou do heavy metal; entre cintas de casete, discos e portadas de revistas da súa adolescencia. Vén a vivir unha viaxe polo mundo da música moderna adaptada ao gusto dos nosos pequenos e pequenas. + INFO

 

Mércores 5: ChuchesAmil | Un conto ao revés

Vén coñecer as aventuras de Eirín e Milucha no mundo dos soños! E é que cando estes irmáns deitanse a durmir, comezan unha viaxe fantástica cos amigos máis disparatados. Preparados para vivir unha aventura singular? + INFO

 

Xoves 6: Sérgio Tannus | Alegría

Alegría é un libro-disco cheo de enerxía positiva. Vivirás un molllo de aventuras con Alegra, unha pequena eiruga, que malia o seu nome, non está sempre contenta. Canción a canción, viaxarás polo territorio da fantasía e coñecerás moitos dos seus amigos. Acompañas á nosa eiruga favorita na súa procura da felicidade? + INFO

 

Venres 7: Magín Branco | Gatuxo

Con cancións tenras coma a pel suave dun bebé, mentres o seu sorriso sedutor, máxico como os seus soños. Instrumentación e harmonías enraizadas na música de natureza fráxil e emoción nos cativan e trasladan a un estado de calma, amizade, descubrimento e amor ao que ir sempre que añoremos a nosa cova, o noso refuxio, o noso útero. + INFO

 

Sábado 8: Pirilampo | Lucecús

Aquí estamos, Pirilampo. Así nos chaman. Así somos chamados. Hai quen prefire tratarnos de vagalume. A nós tanto nos dá. Que nos chamen como queiran, mais neste percorrido que agora iniciamos neste libro-disco imos ser lucecús. Once lucecús a cantar e a sumar a nosa voz á vosa voz, á voz do pai, á voz da nai, á voz da Terra que nos acolle. A ti. Cantas con nós? + INFO

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>