SAN XOAN PEQUENIÑO: 10 DÍAS DE MÚSICA NOS BARRIOS

A programación do San Xoán Pequeniño non quedará este ano no centro. Esténdese a todos os barrios para que os nenos de toda a cidade poidan gozar de actividades lúdicas ao longo de dez días que rematan xa coa gran festa final:

Mércores 24 de Xuño | 12:00 – 14.00h. / 16:00 – 20:00PRAZA DE MARÍA PITA

Los Rockid

A través dunha auténtica banda de rock e cun “look” moi orixinal, uns músicos estupendos van interpretar, en directo, versións orixinais de temas nacionais e internacionais dos anos 80 e 90.

Dous actores con distintos personaxes son os encargados de guiar o/a espectador/a grazas aos sketches e á trama argumental do espectáculo articulada coa interpretación das distintas cancións do repertorio musical. A banda, composta por voz, guitarra eléctrica, baixo eléctrico e batería, tamén ten os seus papeis dramáticos dentro do espectáculo.

Con “Los Rockids” e a súa aventura en escena, os máis pequenos rockeiros e rockeiras do futuro e os/as rockeiros/as que nunca quixeron deixar de o seren, desfrutarán en vivo e en directo dunha excelente recompilación dos mellores temas do rock español e internacional dos anos 80 e 90. Unha louca aventura, a través da súa retransmisión radiada, os ensaios do grupo e os habitantes do tolo edificio onde se encontra o seu local de ensaio. Moita música a cargo dun excelente grupo de rock, con adaptacións para todos os públicos. Forza, enerxía, saltos e moito… pero que moito movemento de cadeiras…

Mamá Cabra!

Despois de 15 anos de historia, Mamá Cabra consolídase como unha das bandas de música infantil de referencia.

Despois de ler o poema do “Timoteo” do libro Rimas con letras, Gloria, emocionada e ilusionada, toma unha decisión: encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons máxicos que lles darán vida a historias máxicas, como a da cabritiña que se converterá en Mamá, a nosa Mamá Cabra.

Gloria vai estar acompañada de moitos artistas apaixoados que medran ao carón dos máis cativos e cativas, con cancións que ao longo destes anos quedaron nas nosas memorias. Esta aventura cumpre este ano o 15 aniversario, e Mamá Cabra presenta o seu novo espectáculo, 15 primaveras, en que fará un percorrido pola historia do grupo e da súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de “concerto-teatro” en que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.

Títeres de Binéfar!

Os Titiriteros de Binéfar levan moitos anos cantando para o público familiar e chegan á Coruña co espectáculo “Juerga”, co que pretenden devolverlle ao público algo que lle pertence: o xogo na rúa.

O obxectivo é así de simple: dar lugar a unha troula.

Usan cancións tradicionais como “Estaba el Sr. Don Gato” ou “Quisiera ser tan alta como la luna” para crear bailes de roda; e cabezudos para ilustrar outras danzas menos coñecidas como “El baile de las raposas”. Organizan trens collidos das mans ao son do “Chiqui-Chiqui, el jaleo del tren”. En definitiva: manexan ferramentas útiles para cantar, xogar, bailar e descubrir o sabor da festa compartida.

Fantoches Baj!

RodariRodari (“Cantos e contos do tranvía”) é un espectáculo musical en que empregamos as historias de de Gianni Rodari como fío condutor, baseándonos sobre todo nun traballo humorístico e con moita animación e participación do público.

O tema dá xogo para introducir cancións tradicionais como a do Trole, en que os músicos, Carlos Quintá, Benxamín Otero e Félix Rodríguez irán acompañando co seu acordeón diatónico, e o actor e cantante Inacio Vilariño xogará coas onomatopeias producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música.

Un espectáculo musical cun moito movemento.

Un histoira divertida contada con moito ritmo.

RodariRodari faranos viaxar en tren dun lado para outro.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>