Pequeno & Xeitoso, un novo ciclo de concertos na Coruña

O Café Universal  presenta un novo ciclo de concertos na cidade da Coruña, Pequeno & Xeitoso.



cafe universal pequeno e xeitosoA proposta responde á necesidade de recuperar a esencia dos concertos en proximidade, “con vocación de ser pequenos e xeitosos, de experiencia íntima”, segundo o mítico café da rúa de San Andrés.

Serán directos íntimos, con artistas como César de Centi, Silvia Penide, Tórtel ou Presumido: tan só venderán 50 entradas para que o público disfrute da comodidade e para estar “pretos uns doutros, e, por suposto, tamén do artista”. O primeiro concerto de Pequeno e Xeitoso será o vindeiro 14 de decembro coa actuación do cantautor César de Centi, ben coñecido polas seguidoras e seguidores de Vivir na Coruña.

Desde Vivir na Coruña felicitamos ao Café Universal pola iniciativa e agardamos esta aposta polo pequeno formato no centro da cidade teña boa acollida.

[na web Actriz Music, da nosa compañeira Bea Camiña, poderedes atopar máis información do ciclo!]

14Dec21:30Concerto: César de Centi21:30 San Andrés, 1. 15003 A CoruñaCafé UniversalEvent Type :Música
21Dec21:00Concerto: Tórtel21:00 San Andrés, 1. 15003 A CoruñaCafé UniversalEvent Type :Música
18Xan21:00Concerto: Presumido21:00 San Andrés, 1. 15003 A CoruñaCafé UniversalEvent Type :Música
25Xan21:00Concerto: Silvia Penide21:00 San Andrés, 1. 15003 A CoruñaCafé UniversalEvent Type :Música

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>