A orquestra Sinfónica de Galicia na praza de María Pita

Volven as grandes noites de verán coa música clásica por bandeira. Esta semana a orquestra Sinfónica de Galicia actúa na praza de María Pita. O sábado será o turno da orquesta máis nova baixo a dirección de Pietro Rizzo.

A orquestra Sinfónica de Galicia actuará hoxe e mañá na praza de María Pita. Foto: Lucía Pita.

A orquestra Sinfónica de Galicia actuará hoxe e mañá na praza de María Pita. Foto: Lucía Pita.

María Pita prepárase para recibir á Sinfónica de Galicia, dirixida por Dima Slobodeniouk. Despois do descanso dunha tempada frenética, as e os músic@s retoman os seus instrumentos para ofrecer ao público coruñés unha serie de pezas populares e coñecidas para a meirande parte deles. Entre elas atópase as coñecidas Obertura 1812 de Tchaikovsky, as danzas sinfónicas que Bernstein compuxo para West Side Story, a famosa Finlandia de Sibelius ou a peza  Na gruta do rei da montaña, de Peer Gynt (E. Grieg), na que o protagonista procura escapar ás agochadas da cova.

Quen sí sabemos que non procurará escapar, senón enfrentarse ao respetable, será Slobodeniouk. Será a primera ocasión na que o director titular da orquestra erga a batuta na histórica praza coruñesa, despois de tomar o testigo de Víctor Pablo no mes de setembro A piques de cumprir un ano na cidade, o traballo do director, que aposta pola contemporaneidade, goza do recoñecemento e respeto dos habituais ao Palacio da Ópera, acostumados á anterior etapa.

Os concertos ao vivo na praza de María Pita preséntanse coma unha boa oportunidade para tod@s aquelas/es que aínda non coñecen a Slobodeniouk á fronte da orquestra, así como para quenes queiran escoitar música clásica dun corte máis popular interpretada maxistralmente pola Sinfónica de Galicia. Ou descubrir pezas pensadas para tocar… con cañóns.


Como novidade este ano, os concertos serán retransmitidos en directo a través da páxina web da Sinfónica de Galicia e do seu canal de Youtube. Unha vantaxe para tod@s aquelas e aqueles que non poidan estar na praza pero queiran escoitar a interpretación de obras de Wagner, Prokofiev ou Beethoven.
O sábado a protagonista será a canteira da orquesta, dirixida polo habitual Pietro Rizzo, e na que medirán as súas capacidades interpretativas co Sombreiro de tres picos, de Falla, ou a Suite Hamlet, de Shostakovich.  A continuación podes consultar o programa de cada día.

21Agos21:30Concierto: Orquesta Sinfónica de Galicia21:30 Plaza de Maria Pita. 15001 A CoruñaPlaza de María PitaEvent Type :FamiliarMúsica
22Agos21:30Concierto: Orquesta Sinfónica de Galicia21:30 Plaza de Maria Pita. 15001 A CoruñaPlaza de María PitaEvent Type :FamiliarMúsica
23Agos21:30Concierto: Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia21:30 Plaza de Maria Pita. 15001 A CoruñaPlaza de María PitaEvent Type :FamiliarMúsica

Orquesta Sinfónica de Galicia

Orquesta Sinfónica de Galicia. Foto: OSG.

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>