O Gomes Gaioso cumpre 7 anos

 O Gomes Gaioso celebra o seu sétimo aniversario con foliadas, poesía, cursos, música e contacontos.

Gomes GaiosoO Centro Social Gomes Gaioso, situado na rúa Marconi número 9, cumpre 7 anos de foliadas e dinamización cultural, no barrio das Atochas de Monte Alto. Para soprar as velas, e seguindo a súa liña de actividades, preparan un mes de abril ateigado de propostas; poesía, música, partidas de trivial, ceas e monólogos.

Gomes gallosos 7 añosDestacamos aquí a timba poética que terá lugar o venres 10, ás 21.30 h., a cargo do Comando Esbardalle. Salientar, tamén, a presenza do contacontos Quico Cadaval, o vindeiro 22 de abril, e unha festa en beneficio do programa da radio comunitaria Cuac FM, Está a pasar, o día 30.

Lembra que no centro tamén se imparten cursos e obradoiros como o que comezará proximamente sobre creación de pezas audiovisuais, os sábados de 20.00 a 21.00 h. Nel, a través de clases teóricas e prácticas, abordarase a maneira de escribir o guión dunha curtametraxe, ou as técnicas de gravación.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>