Novas expresións, novas músicas

 

novas expresións concertos coruñaExplorar todos os rincóns musicais e achegar novos sons á nosa cidade. Esta é a proposta, un ano máis, do ciclo Novas Expresións promovido polo Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia.  Dende o xoves 3 de abril ata o 19 de setembro, novas músicas agárdannos no Cantón Grande.

 

Os platos fortes son os grupos locais.  Combo Dinamo, Octopus’s Garden, Slam, May Thai & Los Torino Rockets ou a banda de rock e blues En casa del Herrero son algunhas das propostas musicais herculinas que formarán parte deste ciclo.

Outra proposta innovadora é a que presenta Ariel Ninas, do aCentro Folque, cun espectáculo que conta cun título revelador e que resulta ser toda unha declaración de intencións como novas expresións sonoras. A súa “Música para peto” e, precisamente, un concerto a base de instrumentos que poden entrar no peto.

Combo dinamo

Combo Dinamo

Tamén contaremos coa presenza do Coro da Rá, Mr Cool, o grupo de música da Fundación Igual Arte ou  dos percusionistas Odaiko, que podes coñecer nesta actuación en directo. Novas expresións é, sen dúbida, unha boa oportunidade para disfrutar da mistura cultural na nosa cidade na que ademáis poden participar os cativos: os máis pequenos tamén teñen poden descubrir novos sons. Na maioría dos espectáculos, os menores de 7 anos teñen entrada de balde e unha zona especial para eles. Un plan musical que resulta familiar.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>