Los Chicos del Coro na Coruña

26Outubro20:00Concerto: Los Chicos del Coro20:00 Avenida de la Marina s/n, 15003 A CoruñaTeatro ColónEvent Type :Música

Los Chicos del Coro actúan o vindeiro 26 de outubro no Teatro Colón, e sorteamos unha entrada dobre para disfrutar do seu espectáculo.

 

Concerto do coro de Saint-Marc.

Concerto do Coro de Saint-Marc (Los chicos del coro).

Os pequenos cantores de Saint -Marc é un coro mixto de nenas e nenos do colexio Saint-Marc de Lyon, fundado en 1986 e que acadou gran fama mundial tras realizar a banda sonora da película francesa Los Chicos del Coro no ano 2004. Un traballo co que gañaron en 2005 o Óscar á mellor canción orixinal por Vois sur ton chemin, e venderon máis de catro millóns de discos. Dende entón teñen realizado máis de 1300 concertos en todo o mundo, dos que 400 foron en España.

En continua rexeneración, no coro non están aqueles cativas e cativos que saltaron a fama no 2004, porén a coral mantén unha alta calidade vocal e os seus concertos sempre crean expectativa. No seu décimo aniversario tras a irrupción na primeira liña da música coral mundial, volven facer xira polo noso país. Cantarán na Coruña o vindeiro 26 de outubro no Teatro Colón ás 20.00 h, onde estarán acompañados polo Coro Cantabile, xa que unha das apostas da coral é a coparticipación de agrupacións locais nas súas actuacións.

Desde Vivir na Coruña queremos invitarvos a que poidades asistir de balde a este concerto. Sortearemos unha entrada dobre entre aquelas persoas que participen no sorteo do noso Facebook (que publicaremos mañá, martes 14) contestando correctamente a pregunta que facemos. Tedes até as 13.00 h do venres 17 de outubro para participar. Realizaremos o sorteo entre as respostas válidas a través da aplicación web Sortea2, saíndo deste proceso a persoa gañadora da entrada dobre e unha suplente. Sorte!

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>