Julio Cortázar songs, un encontro inesperado.

16Maio

Concerto: Jamila Purofilin23:00 Comandante Barja, 5 15004 A CoruñaGarufa ClubTipo de evento:Música

Este ano cúmprense cen anos do nacemento do escritor arxentino Julio Cortázar. Hoxe segue a provocar devoción entre os seus lectores. A cantante cubana Jamila Purofilin, que actuará hoxe no Garufa, e o escritor Francisco X. Fernández Naval, son dous destes namorados. Falamos con eles no ambigú da librería Nova Colón.

 

Un amor inesperado

Cando Jamila Castillo, máis coñecida como Jamila Purofilin, mercou Papeles inesperados, libro póstumo de Cortázar que contén entre outros textos poemas inéditos, reviviu a conexión que dende cativa a cantante cubana tivera co arxentino, a través dos libros del que atesouraba o seu pai.

“Descubrí la obra de Julio Cortázar cuando era adolescente, siempre recuerdo ese apellido en el lomo de un libro que teníamos en casa. Un día lo cogí y me puse a leerlo con mi madre. Empezamos a reirnos solas. Nos cautivo como mujeres (…) es un escritor dulce que te seduce con la palabra”. Estaban lendo Cronopios y fábulas, un dos libros máis coñecidos do autor arxentino e que tamén fai botar un sorriso a Fernández Naval ao recordalo. “ Cortázar é alegría e liberdade. Engancha ao lector dende as primerias líñas e este o acompaña onde el queira” apunta Naval.

Por outro lado os dous coinciden en que a faceta poética de Julio Cortázar é unha das menos coñecidas e menos valoradas, porén, citando a Aurora Bernardez primeira muller do escritor, afirman que para coñecer a súa biografía e achegarse a el de forma profunda “a súa poesía é fundamental”.Purofilin_e_Xisco_Naval

Cuba, Cortázar e Jazz

“Cortázar sempre soñou con que  América Latina puidese escribir a súa propia historia nunha época na que os golpes de estado eran pan de cada día”, comenta Francisco, “sempre  mantivo unha ideoloxía de apoio a revolución cubana e nicaraguana despois”.

Julio vivió muy de cerca la realidad cubana -continúa Jamila- enseguida conoció a músicos de jazz como Leonardo Acosta o Chucho Valdes. Época en la que todavía existía una clase bohemia en la Habana y no se habían cerrado todavía los clubes habaneros, a finales de los 60”. Estas amiszades permitíronlle coñecer Cuba dende dentro e disfrutar das súas paixóns, a música e o jazz. A escritura de Cortázar aseméllase ao ritmo improvisado deste estilo musical, de feito, a música de Nova Orleáns ambienta moitos dos seus textos, como Rayuela ou El perseguidor. Jamila lémbranos que o propio Cortázar afirmaba que, de se perder nunha illa deserta, preferiría levar canda si música.  El non consideraba que tivera ideas, senón que simplemente deixábase levar por un ritmo. “Era un músico frustrado. Tocaba mal la trompeta”, apunta Jamila.

Cortázar Songs: Purofilin

Esta afición por tocar a trompeta de Julio Cortázar é recollido polo ilustrador Luis Dávila na capa do single Cortázar songs . Un CD que conta con oito poemas musicalizados, a maioría do libro Papeles inesperados. “El sentido rítmico que tienen sus poemas hicieron que las melodías surgieran casi de forma natural, la música estaba dentro de ellos”, conta a cantante. Milonga, tango, son, blues, boleros son a variedade de estilos que de maneira case espontánea naceron da conexión entre as letras de Julio e a doce voz de Jamila, quen se considera unha música autodidacta. Conta que as melodías xurdiron dentro dela en momentos e situacións cotiás, dende nun supermercado ata volvendo dunha romaría. Iso si que debe ser Purofilin.

O primeiro dos poemas que prendeu en Jamila foi Blues for Maggie, poema adicado ao compositor cubano Pablo Milanés, quen axudou a Jamila no arranxo. Outros músicos como Paulo Lemos ou Fred Martins participaron no encaixe dos ritmos das demais cancións.

O concertojamila

O disco Julio Cortázar songs que presenta Jamila hoxe ás 23.00 h no Pub Garufa da Coruña, é unha realidade grazas á axuda da SGAE, así como a unha campaña de crowdfunding apoiada por mecenas anónimos que permitiu que o single vira a luz.

Xa que a palabra garufa significa festeiro, Jamilia prométenos unha noite “rica y sabrosa” de jazz latino afrocubano, acompañado con algún que outro mojito. Gosta de interactuar co público e de ler algún que outro poema entre canción e canción. Ten preparada ademais algunha que outra sorpresa.

O disco pode comprarse na libraría Colón, no pub Garufa e na mítica tenda de discos coruñesa Portobello.

Francisco X. Fernández Naval publicou no ano 2006 o libro Respirar polo idioma (os galegos e Julio Cortázar) (Ed. Linteo) e está á espera de que se publique no verán unha ampliación deste mesmo  texto que levará por título O soño galego de Julio Cortázar. Los encuentros producen arte, producen cultura dinos Jamila Purofilin. Seguramente o encontro inesperado entre estes dous autores era inevitable.

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>