Festas do Rosario 2014 na Coruña

A programación das Festas do Rosario 2014 na Coruña ofrece unha ampla variedade de actividades para todos os públicos, entre o 3 e o 12 de outubro.

Cartel das festas do Rosario A Coruña 2014

Cartel das Festas do Rosario da Coruña 2014

A Virxe do Rosario é patroa da cidade da Coruña dende 1589, ano no que a veciñanza pediulle axuda para liberarse do asedio do exército inglés. Axuda celestial ou non, o asedio non fructificou. Aínda que todos estes acontecementos tiveron lugar no mes de maio, os festexos que levan o nome da patrona coinciden coa onomástica, culminando o 7 de outubro cunha procesión na súa honra.

Fóra da temática relixiosa, o concello ten programado unha ampla variedade de actividades culturais e de ocio durante as dúas primeiras semanas do mes, dende hoxe ao 12 de outubro. Debemos lembrar que este ano non haberá ningún día festivo local polo traslado á festividade de San Xoán, polo que a maioría da programación concéntrase durante as fins de semana para lograr unha maior afluencia de público.

Festival Chocoruña: Ruta da cascarilla

chocoruña

Co gallo das descargas de cacao no porto da cidade e a sustitución deste nos almorzos pola lámina fina que o cubre, coñécese á comunidade coruñesa como cascarilleira.  Co obxectivo de rendir homenaxe ao consumo da cascarilla,  a fin de semana do 3 ao 5 de outubro o chocolate será o protagonista na Cidade Vella. Ademais de diferentes actividades con profesionais da cociña e repostería, incluindo unha charla ou a elaboración dunha gran tarta de chocolate, 16 establecementos da Cidade Vella ofrecerán ofertas especiais onde a cascarilla e o chocolate serán os protagonistas. Entre eles, algúns coñecidos pol@s habituais da web, como son Linda Rama, Zlick ou Heladería Puerta Real.

3Outubro18:00- 20:00Choconversa: INTRODUCCIÓN AL MUNDO DEL CACAO. DE LA PLANTA AL HABA. “EL PORQUÉ DE QUE NOS LLAMEN CASCARILLEIROS18:00 - 20:00 Praza Xeneral Azcárraga, 12 15001 A CoruñaSquare Espazo CulturalEvent Type :Charlas
4Outubro10:00- 13:00Chocolatada Pop + Concerto10:00 - 13:00 Plaza de Azcárraga, 15001. A CoruñaPlaza de AzcárragaEvent Type :EncontrosFamiliarMúsica
4Outubro21:00Festa Popular da cascarilla e do chocolate + concerto21:00 Plaza de Azcárraga, 15001. A CoruñaPlaza de AzcárragaEvent Type :EncontrosFamiliarMúsica

Música

Como en toda festividade, nas Festas do Rosario 2014 a música non pode faltar. Con chocolate ou sen el, o Concello anuncia unha serie de concertos para satisfacer as demandas do público na liña da programación habitual. Poderemos gozar do directo dos Brothers in band, o folk multilingüe da Banda Crebinsky, a música tradicional de Cántigas da Terra ou dos clásicos interpretados por  profesionais da Sinfónica de Galicia.

3Outubro22:00- 22:00Concerto: BROTHERS IN BAND 22:00 - 22:00 Plaza de Maria Pita. 15001 A CoruñaPlaza de María PitaEvent Type :Música
4Outubro20:20Concerto: coro de cámara Statu Variabilis20:20 Pza. Carlos I, s/n - 15001 A Coruña Orden TerceraEvent Type :Música
4Outubro21:00Concerto: Trío da Sinfónica de Galicia21:00 Calle de Parrote, 1, 15001 A CoruñaIglesia de SantiagoEvent Type :EncontrosFamiliarMaxiaMúsica
4Outubro21:30Concerto: Alea's Quartet21:30 Plaza de Santo Domingo, 15001. A CoruñaPlaza de Santo DomingoEvent Type :Música
5Outubro13:00Concerto: Banda Municipal de Música13:00 Rúa de Herrerías, 32 15001 A CoruñaPlaza de las BárbarasEvent Type :EncontrosFamiliarMúsica
5Outubro13:00Concerto: Membro da Orquestra Sinfónica de Galicia13:00 Plaza Carlos I 2. 15001 A CoruñaIgrexa orden terceira de San FranciscoEvent Type :Música
5Outubro19:00Concerto: intérpretes da OSG19:00 Plaza Carlos I 2. 15001 A CoruñaIgrexa orden terceira de San FranciscoEvent Type :Música
5Outubro19:00X CICLO DE COROS HISTÓRICOS19:00 Calle del Riego de Agua, 37 15003 A CoruñaTeatro Rosalía de CastroEvent Type :Música
5Outubro20:00Concerto: grupo vocal Entrelas20:00 Pza. Carlos I, s/n - 15001 A Coruña Orden TerceraEvent Type :Música
5Outubro21:30Concerto: Banda Crebinsky21:30 Plaza de Azcárraga, 15001. A CoruñaPlaza de AzcárragaEvent Type :Música
6Outubro20:30Concierto: Cantabile - Fauré20:30 Calle San Nicolás, 18, 15001 La CoruñaIglesia de San NicolásEvent Type :Música
7Outubro19:00Concerto: Cantabile. Misa solemne.19:00 Plaza de Santo Domingo, 15001. A CoruñaPlaza de Santo DomingoEvent Type :Música

Actividades infantís

Nas Festas do Rosario  tamén haberá espazo para @s máis cativ@s, incluindo diferentes obradoiros artísticos e espectáculos de maxia que terán lugar na praza das Bárbaras.

4Outubro17:00- 20:30Actividades infantís Festas do Rosario 201417:00 - 20:30 Rúa de Herrerías, 32 15001 A CoruñaPlaza de las BárbarasEvent Type :EncontrosFamiliarMaxiaMúsica
5Outubro18:00- 20:30Actividades infantís Festas do Rosario 2014 18:00 - 20:30 Rúa de Herrerías, 32 15001 A CoruñaPlaza de las BárbarasEvent Type :EncontrosFamiliarMúsica

XXV Festival Internacional de Música de Pulso e Púa Cidade de Cristal

Por último, o XXV Festival Internacional de Música de Pulso e Púa Cidade de Cristal levará os seus acordes a  colexios e diferentes salas da cidade. O concerto de clausura terá lugar o domingo 12 de outubro no Teatro Rosalía de Castro.

8Outubro17:00- 21:30XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA DE PULSO e PÚA CIDADE CRISTAL 17:00 - 21:30 Manuel Murguía, 44. 15011 A CoruñaConservatorio Superior de Música da CoruñaEvent Type :Música
9OutubroTodo o díaXXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA DE PULSO e PÚA CIDADE CRISTAL (Todo o día: Xoves) Event Type :Música
10Outubro10:30- 13:30XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA DE PULSO e PÚA CIDADE CRISTAL 10:30 - 13:30 Event Type :Música
11Outubro - 12Outubro 1120:00Outubro 12XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA DE PULSO e PÚA CIDADE CRISTAL 20:00 - 01:00 (12) Event Type :Música

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>