Encontro de música relixiosa Cidade da Coruña

Sabías que o encontro de música relixiosa máis antigo de Galicia celébrase na Coruña?

 

encontro música relixiosa coruñaComeza o XXV Encontro de Música Relixiosa Cidade da Coruña, unha xuntanza promovida por unha das corais máis coñecidas do noso entorno e que ten a súa sé no corazón do barrio de Monte Alto: falamos do Orfeón Herculino.

Nestes vintecinco anos o Encontro de Música Relixiosa contou con importantes representantes de toda España, mais sempre contou con corais coruñesas na súa programación, na que interpretaron misas, oratorios, motetes, canto gregoriano e tamén música gospel. Este ano (12 ao 16 de abril) tamén participarán corais como a coral Saúde, El Eco, o Grupo Instrumental Siglo XX e o proxecto vocal Concerto Tempo, da Ferrolterra.

Unha das maiores inquedanzas do Orfeón Herculino é afondar na relación da música relixiosa coa cidade e con Galicia. Por iso, ademáis do Encontro de corais, como novidade presentan dúas actividades para os seus veciños: concertos de órgano e frauta na Igrexa do Sagrado Corazón, e un ciclo de conferencias na Real Academia Galega de Belas Artes.

 A primeira destas conferencias (3 de abril) xirará en torno o arquivo musical da Colexiata de Santa María Do Campo, e a segunda (10 de abril) será impartida por unha eminencia da musicoloxía a nivel internacional, P.D. José López Calo.  Por outra banda, os concertos terán lugar na igrexa dos Xesuítas os días 5 e 7 de abril.

música relixiosa conferencia ismael velo

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>