De ponte e non sabes que facer? Temos tres plans gratuítos para ti!

Dende Vivir na Coruña queremos que pases unha ponte entretida, así que convidámoste a unha Flower Party no Playa Club, rir con Isabel Risco e Marián Bañobre no seu furancho ou coñecer a música psicodélica de Jose Domingo. Mañá sorteamos entradas para cada un destes eventos!

Podes disfrutar da ponte sen pasar por Porto. Foto: L. P.

Podes disfrutar da ponte sen pasar por Porto. Foto: L. P.

Seica quedas durante a ponte na cidade e non sabes moi ben que facer? Non te apures, dende Vivir na Coruña ofrecémoste a posibilidade de ir de festa, ao teatro ou a escoitar música en directo…pola cara (máis ou menos bonita, iso danos igual). E tamén disfrutar dunha eclipse! Nós botamos o resto e preparamos tres sorteos.

0. Observar a eclipse de Sol

Aproveitando que A Coruña será un dos mellores espazos para disfrutar deste espectáculo da natureza, o noso compañeiro e astrofísico Jaime Martínez  explica neste artigo como observar a eclipse de Sol sen quedar chosc@ coidando os teus olliños :) E agora imos cos tres desde a noite do venres!

1. Bailar na chegada da primavera

Flower PartyComo primeiro prato convidámoste a dar a benvida á primavera, viaxando no tempo aos frenéticos anos 60 asistindo á Flower Party que o Playa Club acollerá o venres a partir da 01.00 h da mañá. A sala prepara o desembarco dun espectáculo que combinará teatro-cabaret, performance e baile. Podes levar unha entrada dobre participando no sorteo que propoñemos a través da nosa conta de Twitter. Rechouchía este tuit e gaña unha noite de baile de balde ;)

2. Beber, rir e comer nun furancho

O furancho sorteo copy

O furancho abrirá as súas portas o sábado ás 20 h.

De segundo propoñemos unhas cuncas de humor no furancho con máis agroglamour de toda a contorna. O sábado, a partir das 20.00 h, o Teatro Colón acollerá a representación de O furancho, obra interpretada por Isabel Risco e Marián Bañobre e que responde á formula 100 % de retranca ecolóxica. Podes participar no sorteo dunha entrada dobre a través da nosa páxina de Facebook.

3. Viaxar coa música até o Mediterráneo

El cantante catalán Jose Domingo presenta su nuevo disco, Almería, en A Coruña.

Jose Domingo cantará na Mardi Gras

Por último, sobremesa con sabor mediterráneo para adozar o retranqueiro sentido do humor galego. Na Sala Mardi Gras actuará, tamén o sábado e a partir das 22.00 h, o músico Jose Domingo, un dos novos valores do panorama musical e que vén presentars Almería, o seu terceiro disco en solitario. Podes participar no sorteo de dúas entradas dobres a través do noso Facebook.

Todos os sorteos rematarán o venres ás 13.00h, así que sorte… e bule! Maloserá que non toque algunha, non si?

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>