A Coruña estrea banda de Hillbilly: Howlin’ Drifters

El Pato Negro veunos nacer, acariñounos domingo tras domingo e será o espazo no que se presenten ao público oficialmente.

hillbilly pato negroO vindeiro venres 6 de xuño El Pato Negro vístese de gala para presentar unha banda que xermolou entre as súas paredes. Hai meses que os domingos á tarde o country con toques de hillbilly resoa neste local da Coruña. A culpa téñeba catro rapaces, algúns membros de recoñecidas bandas da cidade, que principiaron tocar man con man para pasar o rato. A cousa colleu xeito e os Howlin’ Drifters tomaron forma até facerse banda.

A formación está integrada por catro rapaces. Tupi, que xa fora guitarra en The Honky Tonkin´ Boozers, aquí asume, con moito xeito, a voz solista ademais das seis cordas. O contrabaixo é cousa de Nacho Martín, un músico ben coñecido na cidade que está tamén dentro doutras formacións arredor do rock and roll como son May-Thai y Los Torino Rockets o True Mountains (por certo, tocan o sábado na Sala Filomatic no aniversario da tenda Cherry Dolls). O violín é cousa de Miguel Ansel e o punto diferencial da percusión está nas mans do perruqueiro que máis tupés ten peiteado e recortado nesta cidade nas últimas décadas: Raúl. O home das tesoiras máxicas resultou ser tamén un virtuoso da táboa de lavar.

O espectáculo está servido e a entrada é de balde. Quen da máis?

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>