Circuíto Coruña Sonora, unha aposta polo son local.

Coruña Sonora encherá as salas da cidade con música local, os xoves, de setembro a novembro.

O pasado mes de maio a Concellaría de Cultura presentou o primeiro circuíto Coruña Sonora como unha proposta para promocionar os grupos musicais de mozas e mozos locais.Coruña Sonora

Os requisitos para participar eran que o 50% dos membros do grupo fosen menores de 30 anos, e que, tamén, como mínimo, a metade deles estiveran empadroados no concello. O premio, ter a oportunidade de tocar durante unha hora, nunha das principais salas de concertos da cidade, no que o equipamento será achegado polo concello, ademais do pagamento dun caché de 250 € polo concerto.

Pois ben, o pasado 8 de agosto coñecéronse os 12 grupos que, a partir do vindeiro 11 de setembro, amenizarán as noites de todos os xoves dende setembro a novembro.

Jorge, Juanma y Adrián son "los tres de siempre" de Bourbon Queen.

Jorge, Juanma e Adrián son “los tres de siempre” de Bourbon Queen. Foto: Cris Andina

Son tres as salas de concertos que acollerán este circuíto: a Sala Mardigrás, na que terán lugar os concertos de setembro; Le Club, os de outubro, e o Pizz&Music, local situado no barrio de Novo Mesoiro, que albergará os de novembro.

Os encargados de abrir Coruña Sonora serán uns coñecidos deste pasado Noroeste Pop Rock, La senda de Afra, seguidos de Insolvents, The Ice Road e Tanit. Xa en outubro, La Dance, Bourbon Queen, A New Heaven Arise e Say My Name, actuarán nas táboas do Le Club. E no último mes de circuíto gozaremos ca música de Man City Blue, Senectud SideralAlmakoa e  clausurará o circuíto After All, alá polo 27 de novembro.

Todos os concertos serán gratuítos, coincidindo no mesmo horario, 22. 00 h. de cada xoves. Deixamos aquí o calendario coas datas e lugares de celebración:

11Setem22:00Coruña Sonora 2014: La senda de Afra22:00 Travesía de Torre, 8, 15002 La CoruñaSala Mardi GrasEvent Type :Música
25Setem22:00Coruña Sonora 2014: The Ice Road22:00 Travesía de Torre, 8, 15002 La CoruñaSala Mardi GrasEvent Type :Música
2Outubro22:00Coruña Sonora 2014: Tanit22:00 Travesía de Torre, 8, 15002 La CoruñaSala Mardi GrasEvent Type :Música
9Outubro22:00Coruña Sonora 2014: La Dance22:00 Rey Abdullah, 13. 15004 A CoruñaLe ClubEvent Type :Música
16Outubro22:00Coruña Sonora 2014: Bourbon Queen22:00 Rey Abdullah, 13. 15004 A CoruñaLe ClubEvent Type :Música
23Outubro22:00Coruña Sonora 2014: A new heaven arise22:00 Rey Abdullah, 13. 15004 A CoruñaLe ClubEvent Type :Música
30Outubro22:00Coruña Sonora 2014: Say my name22:00 Rey Abdullah, 13. 15004 A CoruñaLe ClubEvent Type :Música
6Nov22:00Coruña Sonora 2014: Man city blue22:00 Avenida Novo Mesoiro, 5. 15190 La CoruñaPizz & MusicEvent Type :Música
13Nov22:00Coruña Sonora 2014: Senectud Sideral22:00 Avenida Novo Mesoiro, 5. 15190 La CoruñaPizz & MusicEvent Type :Música
20Nov22:00Coruña Sonora 2014: Almakoa22:00 Avenida Novo Mesoiro, 5. 15190 La CoruñaPizz & MusicEvent Type :Música
27Nov22:00Coruña Sonora 2014: After all22:00 Avenida Novo Mesoiro, 5. 15190 La CoruñaPizz & MusicEvent Type :Música
Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>