Actividades infantís no mes de novembro na Coruña

Deixamos algunhas propostas de actividades culturais infantís na Coruña para este mes de novembro: teatro, música, obradoiros e contacontos.

Temos por costume prestar moita atención á programación cultural para os adultos e, ás veces, a programación infantil da Coruña queda esquencida no fondo do noso calendario. Trátase dunha programación igual de importante, xa que sensibiliza , educa e incorpora hábitos culturais nas novas xeracións, ademáis de facer máis levadeiras as tardes e as fines de semana a avoas e pais. Nesta entrada queremos destacar algunhas das actividades programadas, seguro que non son todas, por diferentes espazos da nosa cidade destinadas aos pequenos e pequenas da casa. Nelas atoparemos dende teatro e música a contacontos e obradoiros de manualidades.

Contacontos e teatro infantil:

Ás veces diferencianse, e outras veces a liña que separa a narración dun conto e a interpretación dunha obra é moi difusa.

Os nosos contos

Tanto a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés como o a Biblioteca Municipal do  Fórum Metropolitano teñen programado para este mes sesións de contacontos, que terán lugar as mañás dos sábados, no caso da BPC, e os xoves pola tarde no caso do Fórum Metropolitano, dentro do seu ciclo Os nosos contos.

[add_single_eventon id="8339" ]

[add_single_eventon id="8404" ]

[add_single_eventon id="8402" ]

[add_single_eventon id="8332" ]

Clementina Mandarina

Clementina Mandarina

Se pensamos no puro teatro infantil, temos ofertas de pequeno formato, como as que ofrecen LaTuerka 27, Teatro del Andamio, Fórum Metropolitano ou o Centro Cultural Ágora, dentro do ciclo Bebescena. A finais de mes o Teatro Colón tamén acollerá a posta en escena de O gato con botas, unha produción de gran formato na que a Orquestra de Cámara Galega porá banda sonora á representación.

[add_single_eventon id="8202" ]

[add_single_eventon id="5663" ]

[add_single_eventon id="7984" ]

[add_single_eventon id="8205" ]

[add_single_eventon id="8468" ]

Música infantil

Concertos no MAC Gas Natural Fenosa

Cartaz do ciclo Música Animada do MAC

A música tamén xoga un importante papel no desenvolvemento cognitivo daqueles que están a medrar, ademáis de ser un gran medio para a didáctica en todas as áreas. Neste sentido, o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa ten programado o Ciclo Música Animada, no que se sucederán, en domingos alternos, concertos para toda a familia. Por outro lado, dentro da súa programación infantil, a Biblioteca Pública da Coruña acollerá a actuación do grupo Migallas e as cancións do seu libro-disco Pan de millo.

[add_single_eventon id="8405" ]

[add_single_eventon id="8384" ]

Obradoiros infantís

Para rematar, tamén podemos atopar obradoiros gratuitos nos que @s pícar@s dean renda solta a súa creatividade. Así, o espazo cultural da Fnac, baixo o nome de Fnac Kids, ofrece actividades todas as tardes de venres e mañás de sábado. Unha programación semellante é a que ofrece o Espacio Coruña Peques, no centro comercial que leva ese nome.

[add_single_eventon id="8442" ]

[add_single_eventon id="8441" ]

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>