29 FESTIVAL NOROESTE POP-ROCK: TODOS OS CONCERTOS

Do luns 3 ao venres 7 de agosto celebrarase o 29 Noroeste Pop Rock da Coruña. 31 concertos de balde en 4 escenarios diferentes:

luns 3, martes 4 e mércores 5, en:

✔ Praza das Bárbaras: 19.00h | 20.00h | 21.00h | 22.15h
Praza de San Nicolás: 20.15h | 21.15h | 22.15h | 23.30h
Castelo de San Antón: 22.30h

xoves 6 e venres 7 na praia de Riazor: 22.30h & 00.00h

 

Esta é a PROGRAMACIÓN COMPLETA con toda a info que necesitas dos diferentes grupos:

> LUNS 3 | Praza das Bárbaras

(19.00h: Jamie Fightring | 20.00h: Felix Arias | 21.00h: Luis Moro & The Tribeca’s Band | 22.15h: La Bien Querida)

 

19.00h | JAMIE FIGHTRING (folk)
Cantautor acústico nado en Ferrol que en 2011 comezó a súa andaina musical en solitario. Ademais de crear os seus propios temas, no seu repertorio abundan versións de temas de folk ou blues americano.youtubetwitterFACEBOOKbandcamp

 

+- 20.00h | FELIX ARIAS (folk)
Ex compoñente de Guru Deva (grupo desaparecido en 2010)  e membro do dúo Lovely Luna xunto a Xoel Lopez desde 1997. En solitario publicoú “Manchados de Tinta” (2006) e ”Vals muy triste en Sol menor”(2014). Actualmente, forma parte da banda de cantautores Cincoparedes, que prepara o seu primeiro disco.

twitterFACEBOOKbandcamp

 

+- 21.00h | LUIS MORO & THE TRIBECA´S BAND (folk rock)
Despois de ter formado parte de bandas coruñesas como Mephisto’s, 69 Monjas y Moro, Luis Moro inicia unha traxectoria persoal que da un xiro importante co seu terceiro traballo Defectografía (2006), que inicia o que se podería denominar unha triloxía sonora de inspiración introspectiva que pecha con Cielo color Burdeos (2013). Un álbum de personaxes, tamén conceptual, que xira en torno ao viño e as mulleres. Un disco elegante e nostálxico, de clara natureza literaria. No Noroeste Expandido se presenta xunto á banda Tribeca’s Band (Jose Garía e Andrés Saavedra).

wwwblogspotyoutubeFACEBOOKbandcampspotify

 

+- 22.15h | LA BIEN QUERIDA (pop)
As súas cancións parten dun principio sinxelo pero cunha beleza que desarma, fabulosas poesías de amor e desamor. Máis de 150.000 escoitas no seu Myspace levaron a que os seus discos fosen amplamente aclamados polo público español. Xogueteos coas rumbas, coas influencias árabes e a electrónica, todo en sutís doses leváronlle a protagonizar portadas nalgúns dos medios máis importantes (EP3-El País, MondoSonoro, Rockdelux).wwwyoutubetwitterFACEBOOKmyspacespotify

 

 

> LUNS 3 | Praza de San Nicolás

(20.15h: The sonic headlight | 21.15h: The Kanaloas | 22.15h: Familia Caamagno | 23.30h: Pablo Und Destruktion)

 

20.15h | THE SONIC HEADLIGHT (brit rock e indie)
Banda coruñesa cun ano de vida, que interpreta fundamentalmente temas propios en inglés de rock alternativo con toques brit rock e indie. Está integrada por Xoel Diamante (guitarra e voz), Juan Corredoira (guitarra e coros), Pablo García (baixo) e Nicolás Cotelo (batería).youtubetwitterFACEBOOK

 

+- 21.15h | THE KANALOAS (instrumental surf)
The Kanaloas nacen na Coruña no 2007 e desde ese momento non deixan de crear. O seu son, inspirado no espírito das surf-bands dos 60, conta con influencias do rock’n’roll instrumental de Link Wray ou The Ventures. O seu EP Letterjacket é toda unha revelación: bailable, desenfadado e repleto de chiscadelas aos clásicos. Capaces de versionar a The Bangles e acto seguido homenaxear aos Beach Boys.youtubeFACEBOOKmyspacebandcamp

 

+- 22.15h | FAMILIA CAAMAGNO
Defínense polo seu propio lema: “Hai que andar cos tempos”, frase que dá título o seu segundo traballo discográfico. E con eles camiñan, sen dúbida. Unha banda que se gaba de raíces italoamericanas e cabalga entre o garaxe, o blues, o R&B e o punk cunha facilidade pasmosa. O seu é o directo: capaces de facer bailar até as pedras, logran convencer e convertir o seu particular estilo en lei sonora alí onde acoden.youtubetwitterFACEBOOKbandcampspotify

 

+- 23.30h | PABLO UND DESTRUKTION
É o alter ego de de Pablo G. Díaz, un asturiano que basa o seu propio son na mestura de psicodelia, folk, blues e música industrial con influencias de bandas como Einsturzende Neubauten, Nick Cave and the Bad Seeds ou La Débil. Co seu último traballo, Vigorexia Emocional, editado este ano 2015, logrou entrar no olimpo dos artistas abenzoados pola crítica grazas o seu son rico en teclados, grooves e melodías.wwwtwitterFACEBOOKbandcampspotify

 

> LUNS 3 | Castelo de San Antón | 22.30h

GUADI GALEGO
Guadi Galego foi gaiteira e voz do grupo Berrogüeto e formou parte de proxectos tan interesantes como Nordestinas, Espido ou ACadaCanto. Pero é como solista como mellor desenvolveu todo o seu talento. Cun son máis maduro pero tamén máis atrevido, onde mestura a música tradicional galega co pop e co folk, lanzou en 2009 Benzón, o seu primeiro traballo en solitario, acadando fantásticas críticas e conquistando escenarios alí por onde ía. En novembro de 2014 publicou Lúas de outubro e agosto, o seu segunda traballo discográfico en solitario, que a consagra como una das grandes artistas galegas do momento.twitterFACEBOOKspotify

 

> MARTES 4 | Praza das Bárbaras

(19.00h: En casa del herrero | 20.00h: Thee Blind Crows | 21.00h: True Mountains | 22.15h: El Meister)

 

19.00h | EN CASA DEL HERRERO (american rock)
En Casa del Herrero (ECDH) nace en A Coruña como un proxecto persoal de Eduardo Herrero e trátase dunha aposta decidida pola composición propia inspirada principalmente na música americana de corte tradicional. En 2013 graba o seu primeiro traballo, que recebe críticas moi favorables, que comparan o seu son clásico co de Tom Petty, John Mellencamp ou Elliott Murphy. Finalista do Noroeste Pop Rock 2014, ECDH rexistra ese mesmo verán o seu segundo álbum, con novos temas orixinais e versions autorizadas de Immaculate Fools, Jack Hardy, Willie Nile e Roddy Hart.wwwyoutubetwitterFACEBOOKbandcamp

+- 20.00h | THEE BLIND CROWS (punk, garaxe)
Banda pontevedresa afincada na Coruña desde hai dous anos, The Blind Crows nace do cruce de camiños entre o blues e o punk, un son crú e frenético, que fará viaxar ao público a través de sons primitivos e pantanosos. Un explosivo dúo que ao detonar expande toda a súa metralla composta de garaxe, blues e punk.

youtubeFACEBOOKbandcamp

 

+- 21.00h | TRUE MOUNTAINS (Acoustic Punk Rock)
True Mountains son una banda de punk rock acústico nada en 2013 de la mano de Pérez (Twenty Fighters, Back to 1984) e Nacho (May-Thai y los Torino Rockets, Back to 1984).youtubeFACEBOOKbandcamp

 

+- 22.15h | EL MEISTER (Experimental)
El Meister é Javier Vielba, a voz e a cara visible de Arizona Baby e Corizonas, dúas das bandas con máis presenza no rock español dos últimos anos. O que arrincou como un compendio de temas inéditos en inglés e modo de one-man-band rematou convertido nun repertorio heterodoxo e inclasificable que conquistou ao público rapidamente. Bestiario, o seu primeiro traballo discográfico, é música sinxela, chea de inspiración e beleza, pero tamén é inusual, sorprendente e único.

wwwtwitterFACEBOOKspotify

> MARTES 4 | Praza de San Nicolás

(20.15h: Say my name | 21.15h: The Trunks | 22.15h: Sensacional | 23.30h: La Habitación Roja)

 

20.15h | SAY MY NAME (pop rock)
Un dos temas do seu primeiro EP (2013) é escollido por Turismo de Coruña para un vídeo promocional. En 2014 realizan a súa primeira actuación no V Festival Solidario, En Directo, xunto a outros sete grupos da cidade, resultando elexidos polo público como gañadores da grabación dun segundo EP.
En xullo de 2015 presentan o seu primeiro disco, Say My Name.youtubetwitterFACEBOOK

 

+- 21.15h | THE TRUNKS (rock alternativo)
The Trunks teñen unha traxectoria breve pero intensa: participaron na XV edición do Sonorama xunto con bandas como Vetusta Morla, estiveron no Festival Sardines de Sada con Dorian, Sidonie e Miss Caffeina, e no 2014 gañaron o premio á mellor banda coruñesa e mellor banda no Festival MúsicaXove de Santiago de Compostela. O seu sonido bailable, a súa actitude sobre as táboas e as ganas de facelo ben poñen o resto nesta banda coruñesa con moito ritmo para repartir.

youtubetwitterFACEBOOKsoundcloudspotify

 

+- 22.15h | SENSACIONAL (indie)
Nados na Coruña en 2013, son un catalizador de todo o bo que o pop de guitarras dounos nestas últimas décadas. Desde a faceta máis clásica deas illas británicas, á forza noventera dos americans, sempre levado ó seu terreo cunha lírica ben coidada. No seu debut, Relatos e invenciones de hoy, reúnen 12 pequenos himnos. Ecos de Teenage Fanclub, Belle & Sebastian ou Love para o primeiro disco longo dunha banda que pode enmarcarse como a nova favorita do indie clásico facturado en casa.wwwyoutubetwitterFACEBOOKbandcampspotify

 

+- 23.30h | LA HABITACIÓN ROJA (pop)
O seu é un dos mellores exemplos de carreira de fondo na historia da música pop en España. Vinte anos publicando cancións sen parar, con nove discos oficiais e moreas de singles e EPs, e unha coherencia e constancia que provoca que cada disco supoña un paso máis cara o altar dos grandes clásicos. En 2015, La Habitación Roja ten un novo disco, La moneda en el aire, e celebra o seu aniversario con moitas homenaxes e concertos que ningún amante do pop hispano debería perderse. wwwyoutubetwitterFACEBOOKspotify

 

 

 > MARTES 4 | Castelo de San Antón | 22.30h

Coque Malla (pop rock)
Coque Malla xa forma parte da historia do pop español. Con tan só 16 años grava o seu primeiro disco con Los Ronaldos. Tras a súa separación, en 1997, Malla comeza a súa carreira en solitario. Actualmente, Malla traballa no que será o seu séptimo disco. Dentro da ‘La gira fantasma’, na que se inclúe o Festival Noroeste Rock, o madrileño someterá a xuízo do público as novas canciones, antes de ser grabadas no estudio, nun curioso tour en acústico en lugares moi especiais como é o Castelo de San Antón.wwwyoutubetwitterFACEBOOKspotify

> MÉRCORES 5 | Praza das Bárbaras

(19.00h: MJ Pérez | 20.00h: David Quinzán | 21.00h: Silvia Penide | 22.15h: Mäbu)

 

19.00h | MJ PÉREZ
MJ Pérez  é unha nova artista do panorama musical de Galicia. O seu primeiro tema Volverei convertese na banda sonora do proxecto audiovisual Ao Vento. A sua relación artística con Iván de Superoito coincide coa creación do que é o seu primeiro álbum Ollos que non ven, síntoma de cegueira. Foi finalista do Primeiro certame de Canción de Autor de Teo e colaborou no documental Vieiros de esperanza. Actualmente está sumerxida no lanzamento de Guerrilleira, o seu novo álbum temático sobre a guerra.youtubeFACEBOOKbandcamp

 

+-20.00h | DAVID QUINZÁN (pop)
Nado en Lugo no ano 1981, David Quinzán iniciou en 2012 a sua carreira en solitario con dous EP’s: Cetáceos y El Aullador, dous discos que lanzaron a sua rodaxe como autor.
En 2013, Xoel López produce o seu primeiro LP, El vino de las despedidas, un traballo co que recorre a Península xunto á sua banda. 2014 é o ano de El Maestro de Teatro, un disco producido por Joserra Senperena, que afonda no seu pop cristalino, preciosista e intenso.youtubeFACEBOOKbandcampspotify

 

+-21.00h | SILVIA PENIDE (rock)
Con continuos concertos por toda a Península e en salas de países coma Croacia, Italia, Eslovenia, Portugal ou Alemania, o universo particular de Penide nútrese dun cada vez maior número de seguidores fieis á súa proposta. O seu é un pop contundente, repleto de matices e moi coidado.A finais de 2014 é finalista nos Premios Martín Códax da Música Galega e actualmente atópase promocionando Animal de compañía, o seu 5º álbum, que reedita tras agotar varias edicións vendidas e co que segue subindo chanzos e consolidando a súa carreira.

wwwyoutubetwitterFACEBOOKspotify

 

+-22.15h | MÄBU (pop)
Mäbu naceron en Madrid no 2008 e o seu primeiro EP Hallo chamou a atención dos medios rapidamente. Con temas compostos pola súa vocalista, María Blanco, Mäbu arrancou a súa andadura con concertos en pequenos espazos pero medrou rápido sen perder a súa esencia lírica, suave e doce.youtubetwitterFACEBOOKspotify

> MÉRCORES 5 | Praza de San Nicolás

(20.15h: May-Thai y los Torino Rocket | 21.15h: The hellbuckers | 22.15h: Fogbound | 23.30h: Cooper)

 

20.15h | MAY-THAI Y LOS TORINO ROCKET (Rockabilly/Swing/Blues)
Tupés, Victory Rolls, pintalabios vermello, traxe elegante, topiños, flores no cabelo e swing, moito swing.Unha banda que ben podería ter chegado até aquí nun túnel do tempo. Pero non, son actuais, elegantes, divertidos e cheos de ritmo. Naceron hai xa cinco anos coa idea de convertirse nunha banda homenaxe ao rockabilly clásico, pero a propia heteroxeneidade dos seus membros e seu natural curioso e inquedo levounos a incorporar rapidamente elementos do jazz, do blues e do swing, e a compoñer algún que outro tema propio. Resistir sen mover os pés a un dos seus directos é misión imposible.FACEBOOKmyspacebandcamp

 

+- 21.15h | THE HELLBUCKERS (soul & rock)
Resultado da unión de Carla de Figueredo y Los Eternos, a base do grupo bebe dos clásicos de soul das décadas dos 50 e 60 (Margie Hendrix, Aretha Franklin, Ruth Brown, Freddy King, Mike Pedicin…), pero The Hellbuckers danlle unha volta de tuerca engadindo un toque persoal e intransferible: enerxía, un sonido eléctrico cargado de sensualidade, emoción e forza…FACEBOOKbandcamp

 

+- 22.15h | FOGBOUND (psicodelia)

Para Fogbound os días neboentos do inverno coruñés non foron un problema nunca… De feito, foron unha inspiración e, en 2012, arrancaron a compoñer temas propios con influencias freakbeat. Gañadores da batalla de bandas do Euroyeyé, incorporan o hammond a un son especial e diferenciado que bebe da psicodelia sen deixarse atrapar nela.FACEBOOKbandcampsoundcloud

 

+- 23.30h | COOPER (Power Pop)
Alex Díez é probablemente o personaxe máis representativo da escena mod nacional. Líder de Los Flechazos, despois de máis de 15 anos ao frente de Cooper, o seu son, as súas cancións, a súa imaxe e a súa voz forman parte da historia do pop español por dereito propio. Herdeiro directo de grandes nomes como The Kinks ou The Jam, a enerxía das súas guitarras e a luminosidade das súas melodías, sempre arrolando o espírito pop dos anos sesenta, xunto a súa forma de cantar e a personalidade coa que afronta o proceso de composición, o converten nun dos grandes reformadores de aqueles sons inmortales. Un pioneiro cheo de clasicismo.wwwyoutubeFACEBOOKspotify

> MÉRCORES 5 | Castelo de San Antón | 22.30h

ARIEL ROT

Guitarrista, cantante, compositor e productor musical arxentino de rock e blues. Formou parte dos grupo Tequila e Los Rodriguez. Desde a separación deste grupo, en 1997, emprendeu unha carreira en solitario.wwwyoutubetwitterFACEBOOKspotify

 

 

> XOVES 6 | Praia de Riazor

(22.30h: Sidonie | 00.00h: Los Planetas)

 

22.30h | SIDONIE
Hai agora case unha década desde que Sidonie déronse a coñecer ante o gran público, despois de sorprender co seu primeiro EP Dragonfly (2000), cheo dunha sonoridade moi especial, na que a psicodelia, o rock, a música hindú ou o surrealismo expuxeron ao trío barcelonés a un escaparate mediático. Os seus concertos lendarios, con performance incluida, onde podían rematar nus ou disfrazados, non fixo máis que aumentar a súa popularidade e inmediatamente o seu primeiro disco Sidonie (2001) confirmounos como algo máis que unha promesa. A personalidade irrepetible de Sidonie supón un novo golpe de ar fresco na industria discográfica, que serve ademais como revulsivo para elevar á banda a un status pouco común, co que conservan a súa identidade artística nunha grande multinacional que apoia todos os seus movementos. ¡Por algo será! O seu disco máis recente, publicado en 2014, é Sierra y Canadá.

wwwyoutubetwitterFACEBOOKdeezerspotify

 

+- 00.00h | LOS PLANETAS
Los Planetas son un dos grandes grupos de referencia da música indie do noso país. O seu son recolle influencias de bandas estadounidenses de guitarras coma os Mercury Rev na súa primeira época, ou dos británicos Spacemen 3 e Joy Division, ademáis do flamenco, facendo gala da súa orixe andaluza. Ao longo da súa carreira publicaron oito álbums, tres discos recopilatorios e vintenove EP’s. En maio de 2015 publican o seu EP Dobles fatigas.wwwyoutubetwitterFACEBOOKspotify

 

> VENRES 7 | Praia de Riazor

(22.30h: León Benavente | 00.00h: Mando Diao)

 

22.30h | LEÓN BENAVENTE
León Benavente foi unha das maiores sorpresas da escena indie nacional dos últimos anos. En 2012, catro amigos e veteráns músicos do noso país reuníronse para dar forma a un primeiro álbum homónimo de dez cancións, que vería a luz en 2013. Procedentes de bandas como Tachenko, Schwarz ou Nacho Vegas, a música de León Benavente bebe eminentemente do rock e engade melodías pegadizas e certos escuros toques oitenteros. Ademais, moitas das súas letras mostran a complicada situación española da época presente. A finais de 2013, o grupo editou un novo EP con catro cancións, Todos contra todos. Ao Festival Noroeste chegan cunha longa e potente bagaxe na estrada despois de tocar intensamente nos últimos tres anos.wwwtwitterFACEBOOKspotify

 

00.00h | MANDO DIAO
Mando Diao chegaron desde a fría Suecia en 2002 para renovar o rock máis clásico. O seu primeiro disco, Bring ‘Em In, catapultounos como unha das bandas do momento grazas ao seu son cru e brillante de reminiscencias sesenteras. En 2003 a formación orixinal sufriu cambios, pero isto non foi un obstáculo para continuar co seu bo refacho.Nos últimos tempos, a banda non deixou de editar discos nin de dar concertos, aínda que deu un xiro ás súas producción, moito máis orientadas á pista de baile. O seu último traballo, Aelita, editouse en 2014.wwwyoutubetwitterFACEBOOKspotify

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>