Maio, 2015
Hora
(Sábado) 20:30 - 22:00
Localización
Teatro Colón
Avenida de la Marina s/n, 15003 A Coruña
Prezo
Desde 15€
Detalles do evento
Un editor xubilado, unha señora pouco reflexiva, unha foto antiga e uns prismáticos constitúen unha pista segura para levarnos ao sorprendente final desta comedia. Juntos y separados é unha comedia brillante [...]
Máis
Detalles do evento
Un editor xubilado, unha señora pouco reflexiva, unha foto antiga e uns prismáticos constitúen unha pista segura para levarnos ao sorprendente final desta comedia. Juntos y separados é unha comedia brillante que se escoita con pracer, con dous primeirísimos actores como María Fernanda D’ocon e Carlos Manuel Díaz.
Sinopse: Pode xurdir o amor aos 70? … por suposto que si, sobre todo se os nosos protagonistas, tal vez, se coñeceron hai máis de 50 anos e as circunstancias os separaron … A casualidade, esa ‘funámbula caprichosa’, propicia o reencontro, cando ningún dos dous pensa nese reencontro ‘casual’. ‘JUNTOS Y SEPARADOS’ é unha comedia divertida, e ás veces emocionante, eu diría que tamén é unha comedia de intriga, no concepto xeral da palabra intriga, unha intriga emocionante. Como chegan a poñerse en contacto ao cabo do tempo? É simplemente a casualidade? Que saben realmente o un do outro?
Para maiores de 12 anos.