Xogos literarios surrealistas con Tinta Bacanal

Tinta Bacanal invítanos a crear xogando coa literatura na semana das Letras Galegas. Coñecemos o seu proxecto.

13Maio

Literatura: Xogos literarios con Tinta Bacanal19:00 Plaza Elíptica 1, 1º. 15011 A CoruñaBiblioteca Municipal Os RosalesTipo de evento:Letras

Moitas veces, se non todas, a creación artística baséase na deconstrución de ideas mais que na construción destas. De mirada crítica, de comparar, crear sinerxías e compartir procesos creativos independentemente que despois a obra pertenza a un ou varios autores.

Isto é o que teñen claro os membros de Tinta Bacanal, un colectivo conformado por escritores noveles que exploran novas formas de creación literaria baseadas na colaboración e na crítica. “A idea primixenia era construír un espazo de traballo no que retarnos os uns aos outros a escribir relatos fora dos xéneros, dos temas e ata das extensión coas que nos sentimos cómodos para obrigarnos a explorar solucións, técnicas e recursos literarios que doutro xeito non empregaríamos xamais” afirma Fernando Pérez Barral, un dos compoñentes do colectivo.

A iniciativa nace dun amor común: a creación literaria, que dunha forma natural acabou por xuntar as creacións de Javier Peteiro, Fernando Perez Barral, Manuel Moledo, Nieves Delgado e Cristina Botana nun mesmo blog, a súa xanela pola que poden sacar o seu traballo o mundo e dalo a coñecer.Tinta de bacanal

En Tinta Bacanal atopamos relatos de distinto corte produtivo que nos recordan o teléfono avariado ao que moitos xogamos de cativos na busca de fantasías que un só non podía crear. Os integrantes de Tinta Bacanal enfróntanse as peticións dos seu público en Desafíos de premisas. Nelas o venerable propón un lugar, personaxe e obxecto que deberán de aparecer no argumento. Non sempre é fácil e “as veces se fan trampas”, sincérase Fernando. “Son a columna vertebral do blog e nos gustan moito: é curioso ver como cós tres mesmos elementos poden escribirse relatos tan dispares”.

A segundo tipo de creación que manexan son os Cadáveres Exquisitos, un exercicio surrealista no que os participantes acaban por escribir un texto conxunto simplemente coñecendo a frase anterior a que un escribe. Isto levounos aos Caleidorelatos, unha creación do texto a varias mans que “trata de ser un exercicio co que liberarnos de información superflua na historia, de concreción e ao mesmo tempo de compenetración”.

Este blog de collages literarios cumpriu o mes pasado un ano de vida e segundo nos conta Fernando “xa hai material dabondo para darse a coñecer”. Ademais tamén andan a traballar nun libro electrónico cooperativo co que agardan dar que falar.

Con estas historias ás costas, Tinta Bacanal presenta unha sesión de xogos literarios o día 13 de maio na Bliblioteca Municipal dos Rosales. Durante esta actividade poñerase a proba a creatividade e flexibilidade dos asistentes na que redes sociais e imaxinación colectiva abrirán a porta ao surrealismo.

Compartimos tamén unha pequena video-entrevista realizada polo equipo das Bibliotecas Municipais da Coruña.

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>