A Segunda Lingua de Yolanda Castaño

9Abr

Presentación libro: A segunda lingua- Yolanda Castaño19:00 Cantón Grande, A CoruñaCentro Sociocultural Fundación NovacaixagaliciaTipo de evento:Letras

Yolanda Castaño presenta o seu novo libro A segunda lingua (Arte de Trobar, 2013), gañador do XI Premio de Poesía Fundación Caixa Galicia.

Esta Segunda Lingua foise forxando ao longo de todas as experiencias internacionais que foi acumulando nas súas costas a autora, como as súas residencias en Rodas (Grecia), Múnich (Alemaña) e Beijin (China). Pero á hora de plasmalo no papel, o parto foi breve”, afirma Yolanda Castaño, entrecortada polo son do mans libres do mobil.

Sen desvincularse da poesía intimista, máis patente noutras obras súas, a creadora atribúe a esta un corte máis social”. “Sen querer facer algo pretencioso, senón lixeiro e ameno”, Yolanda trata de amosar o seu punto de vista sobre situacións nas que a relación cunha “segunda lingua”, que por mor de levar ese adxectivo non é a propia, pode levar en ocasións a torpeza ou malentendidos. Realidades acontecidas non só no estranxeiro, senón cos de aquí; nas que o galego, a súa lingua nai e de traballo, xoga un papel protagonista. Coma cando se empregan os servizos de voz: ” Si quiere ser atendido en castellano pulse uno, si quiere ser atendido en gallego pulse dos… fin da anécdota“, di rindo Castaño.Yolanda Castaño

Para a autora son tres as vertentes de interpretación que se poden extraer do libro, nas que se reflicten situacións cotiás, íntimas ou profundas. Por un lado, unha “segunda lingua”  é, según ela, unha lingua que se sente estranxeira no momento da fala e que “embouta e entorpece a capacidade expresiva dun. Ó mesmo tempo, a lingua tamén xoga un importante papel na relación cos outros, “permitindo sutilezas ou dando pé a malinterpretacións . E por último, ve a lingua como “músculo do desexo”, recuperando a través desta vertente un pouco dese intimismo no que a xente me encadra, pero que ultimamente teño un pouco deixado”, conclúe.

Presentación e entrega do premio a Segunda lingua.

 

A presentación e entrega do XI Premio de poesía Fundación Caixa Galicia tivo lugar, onte, mércores 9 de abril 19.00h no Centro Sociocultural Nova CaixaGalicia.

Na apertura do acto visionouse o “book trailer” do libro, unha nova ferramenta de marketing para novos tempos.

Durante a entrega do premio, un premio que gañou por unanimidade do xurado, Yolanda rompeu unha lanza en favor da produción literaria pedindo máis apoio ó sector e a ese período de creación que transcorre antes da publicación. “Os libros non os trae a cegoña” afirmou. Precisamente por iso, admira profundamente a todos aqueles creadores que, de forma case altruísta e utilizando o seu tempo de lecer, axudan a construír a cultura e identidade dun pais.

O acto rematou cun recital de versos por parte da premiada.

 

 

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>