Poetas Di(n)versos segue ampliando fronteiras

Poetas de África, Portugal e Norte América visitarán Coruña na segunda quenda de Poetas Di(n)versos 2014-2015.

Hoxe adiantáronse os nomes dos autores que participarán no segundo trimestre do ciclo Poetas Di(n)versos, que mesturará o mellor da poesía africana, americana e europea coa galega.

A poeta alxeriana Samira Negrouche. Foto: Wikipedia.

A poeta alxeriana Samira Negrouche. Foto: Wikipedia.

A primeira sesión deste ano terá lugar o vindeiro luns, 19 de xaneiro, coa presenza da alxeriana Samira Negrouche e de Paulino Vázquez, natural de Celanova. Negrouche estudou medicina, pero na actualidade dedícase por completo aos seus proxectos creativos e á tradución de poesía árabe ao francés. Organizadora de eventos literarios interdisciplinares, forma parte do Consello Nacional das Artes e a Literatura de Alxeria. A poeta recitará os seus versos en francés, e será o tradutor Isaac Xurín quen lea os seus textos en galego. Xunto a ela, estará Paulino Vázquez, profesor de galego de ensinanza media en Compostela. Encadrado dentro da xeración poética dos oitenta, acadou o Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1982 co seu primeiro libro, Perdendo o tempo que fuxe como Xoán Sebastián Bach. En 1994 tamén acadaría o Premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña por Un áspero tempo de caliza.

O poeta Paulino Vázquez. Foto: Manuel Lorenzo Baleirón.

O poeta Paulino Vázquez. Foto: Manuel Lorenzo Baleirón.

Poetas Di(n)versos volverá o 9 de febreiro cun encontro de corte de xénero e intimista, no que participarán a viguesa Marta da Costa e a lisboeta Ana Luísa Amaral.

A última sesión desta tempada volverá a ser de altura, como xa pasara o ano pasado coa presencia do poeta sirio Adonis e de Manuel Álvarez Torneiro. Nesta quenda, o 2 de marzo, dende New Jersey chegará Robert Pinsky, un dos autores americanos máis recoñecidos do momento, tanto que é o único poeta vivo caracterizado na popular serie The Simpson. Xunto a el estará Luís González Tosar, nacido en Bos Aires pero de familia galega. Presidente do PEN Clube de Galicia, foi galardoado co Premio da Crítica Española no ano 1989 por Remol das travesías e da Crítica de Galicia no 2009 por Estúrdiga materia.

Poetas di(n)versos2Como vén sendo habitual, nos catro anos de vida do ciclo Poetas Di(n)versos, será a escritora e dinamizadora cultural Yolanda Castaño a encargada de coordinar estas citas poéticas mensuais que teñen lugar no Centro Cultural Ágora ás 20.30 h.

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>