Poesía para o cambio en “Coruña Mayúscula”

20 - 22Marz

Coruña Mayúscula(Todo o día) Rúa Ágora s/n 15010 A CoruñaCentro Cultural ÁgoraEvento organizado por: Concello da Coruña Tipo de evento:CharlasCursos e ObradoirosFamiliarLetrasTeatro

Eva Veiga e Carmen Blanco camiñaron por “Galicia: Terra de poetas” durante o segundo día do festival “Coruña Mayúscula”.

Onte 21 de marzo, día mundial da poesía, Eva Veiga e Carmen Blanco, dúas mulleres “mayúsculas” fixeron un percorrido pola figura feminina na poesía en xeral e da galega en particular. Porque a poesía e a literatura galega teñen a unha muller como figura por antonomasia no mundo, Rosalía de Castro. A súa figura serviu de eixo no diálogo que tivo lugar.

Eva Veiga e Carmen Blanco ©vivirnacoruña

Un diálogo dedicado as mulleres que loitan pola paz nos tempos de guerra. Un canto ao amor e o non a guerra. A esas mulleres que dende a introsprección e o análise interno, buscan a liberdade, sentirse suxeitos. “Eu tamén quero navegar” dicía Xoana Torres na búsqueda dun mundo propio.

Dende a sexulidade de Safo, a paciencia de Penélope de Ítaca ou as asambleistas do teatro grego a Rosalía. E de Rosalía a  Juanita Capdeville, Xoana Torres, Luz Pozo “a nai simbólica”, María Xosé Queizán, Luisa Villalta, Olga Novo, Xela Arias, Yolanda Castaño, Dores Tembras… moitas foron nomeadas. Pero as verdadeiras protagonistas, foron as nais e as aboas, as mulleres sen nome que transforman a historia a través da vida cotiá.

Todas elas teñen en común a poesía, a palabra. A poesía está en tódo-los aspectos da vida. As súas orixes están no mito e no rito, afirma Carmen Blanco. Adiviñas, meigas, fadas, nais e aboas, as poetas populares, foron elas as que mantiveron a memoria oral e a historia galega.

Pese os tempos modernos que corren as dúas ponentes afirman que en ocasións a poeta segue a ser extranxeiras na súa patria, a linguaxe. Unha linguaxe en ocasións patriarcal, xa que, e puxeron como exemplo, a concepción que temos de home público difire bastante da de muller pública que nos leva a pensar nunha puta. O son desta palabra fixo rir o público. Supoño que nunha mezcla de complicidade e crítica interna.

A viaxe pola “Galicia das poetas” rematou cun pequeno recital poético.

Conversas con Luís García Montero.

A clausura do venres de “Coruña Mayúcula” estivo a cargo de Luís García Montero, poeta granadino, que recitou e falou da súa relación con Rafael Alberti. Tras esto,  no turno de interactuar co público, acabou falando sobre o papel da cultura, do humanismo e mais concretamente da poesía na actualidade.

Crítico co sistema educativo actual e cos derroteiros que toman algunhas actividades mal chamadas culturais, fixo unha defensa dos humanistas e das ciencias sociais, conformadores de consciencias críticas. A súa pérdida de peso na educación esta a afectar negativamente a unha sociedade moderna demasiado centrada nos fins económicos.

©vivirnacoruña

©vivirnacoruña

Tamén tivo tempo de criticar o seu, a poesía, o abandono da temática social por parte dos poetas.“Si la poesía deja de interesarse por la gente, la gente dejará de interesarse por la poesía”, e que non debemos confundir calidade con complexidade. Pese a afirmar que,”un telediario bien manipulado cambia más conciencias que un poema”, cree que o poeta debe estar ahí. A labor do poeta, público ou privado, é a de intervir na realidade, é a de elaborar un diálogo de conciencia a conciencia, para, igual que as mulleres das que falábamos arriba, influir no día a día para poder cambiar a historia.

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>