A Palabra clausura “Vento de inverno” de Masafumi Yamamoto

28Feb

Recital Poético: "Vento de Inverno"20:30 Novoa Santos 13. cp: 15006, A CoruñaGalería AtlánticaEvento organizado por: Galería Atlántica Tipo de evento:ExposiciónsLetras

 

Onte estivemos na clausura de ” Vento de inverno” do grabador xaponés Masafumi Yamamoto na galería Atlántica que foi despedida entre poesía e música. Yamamoto 9430

Olga Patiño definiu os grabados de Yamamoto como “burbullas de luz que nos iluminan” i é que, as miniaturas do xaponés están cargadas de delicadeza e misterio, a vez que sinxeleza. A mínima expresión do arte pero chea de significado. Un haiku plástico. A este misterio tamén se referíu Ánxeles Penas e o vículou co que tamén transmite a poesía, o máis alá ebocador, “a fronteira entre fronteiras”.

Teresa Seara actuou de mestra de ceremonias na presentación dos oito poetas que participaron no acto: Manuel Álvarez Torneiro, Olga Patiño, Charo Pita, Dores Tembrás, Chisco Fernández Naval, Ánxeles Penas, Pedro Ramos e Eva Veiga.

Tamén foi tempo de homenaxear a nai da poesía galega, Rosalía de Castro, no seu aniversario. A parte dos versos, e o silencio, que inundaron o espazo tamén houbo música.  A soprano Victoria Álvarez Acon, acompañada o teclado por Vicente Castro Alonso, interpretaron tres poemas de Rosalia; “Maio Longo”, “Rosa de Abril” e “Encores”. Chamando por unha primaveira que se fai de esperar.

Rematou “Vento de inverno”, aínda que aquí segue a chover e as cicloxéneses están frescas na memoria. Pero mañán sairá o sol.

Recital Yamamoto©ml9423

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>