A Loopoética de Jordi Corominas

26Xuño

Show poético: Loopoesía20:00 Plaza del Papagayo, A CoruñaMonty 4 AmbigúTipo de evento:Letras

Jordi Corominas presenta o seu novo poemario, Al aire libre, dentro do seu espectáculo Loopoética.

Todo xurdiu onde comezan as cousas importantes: nun bar. A principios de 2009, dous rapaces de Barcelona reuníanse para poñer música a un poema escrito por un deles. Eran os comezos de Loopoesía, un proxecto que, tras cinco anos de percorrendo cidades españolas e europeas, consolídase como unha das propostas máis innovadoras entre aquelas nas que a poesía é protagonista.

Jordi Corominas

Jordi Corominas durante a súa misa Loopoética.

Jordi Corominas realiza unha aposta pop e desmitificadora do formato solemne no que en ocasións se encadra a arte poética, máis non por isto banaliza a súa importancia nin a mensaxe, senón que lle da máis forza, achegándoa de xeito máis fluído ao público. Trátase, en definitiva, de transgredir e pór en cuestión o establecido, alicerce de toda acción artística. Como claro exemplo disto pódese citar a misa Loopoética, realizada o 7 de novembro de 2010 en Barcelona, a mesma xornada na Ratzinger, o anterior Papa, ofrecía outra misa na cidade Condal. Sen entrar a comparar as dúas accións, máis dun centenar de persoas acudiron a esta particular homilía de Loopoética. O proxecto Loopoética visitou cidades como Madrid, Palma de Mallorca, Salamanca, Zaragoza, Bilbao ou Sevilla e fíxose maior cruzando o charco, ao viaxar a Chile. Na Coruña xa estivo o pasado ano, durante o Festival Coruña Mayúscula, onde acadou unha moi boa acollida do público. Desta vez Jordi regresa para presentar o seu novo poemario, Al aire libre, para o que contou co apoio da editorial Versos&Reversos coa que traballa dende 2012. Neste novo libro propón o paradoxo que a ausencia de límites non signifique liberdade, xa que o individuo aletargado pouco fai para cambiar a realidade nas que vive. Mensaxes como esta acompañaranse de mesturas musicais, proxeccións audiovisuais, unha coidada escenografía e a interpretación en vivo dos textos. A cita, hoxe ás 20.00 h., no Monty4 Ambigü.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>