Libros en directo con Lola López Mondéjar

21Maio

Libros en directo: Lola López Modéjar20:30 Rúa Ágora s/n 15010 A CoruñaCentro Cultural ÁgoraTipo de evento:Letras

A murciana Lola López Mondéjar presenta o seu libro La primera vez que no te quise no ciclo literario Libros en directo,  organizado por Polisemias no centro Ágora.

 

Mondéjar, psicóloga e psicanalista de profesión, é tamén xornalista e escritora. Colaborou como cronista no xornal La Opinión de Murcia e dende 1997 escribiu media ducia de novelas.  Entre elas podemos salientar  Mi amor desgraciado (Ediciones Siruela, 2010) que foi finalista do Premio de Narrativa Torrente Ballester 2009.

la primera vez que no te quiero

As súas obras caracterízanse pola construción de personaxes complexas e profundas, tarefa que fai con soltura debido a súa formación e experiencia clínica. Cuando tenía dos meses de edad, mi madre intentó ahogarme mientras me bañaba. Recuerdo su rostro ausente por encima del agua, sus ojos extraviados… así comeza La primera vez que no te quise, libro que agora presenta, e que serve como exemplo da intensidade das súas personaxes. Esta vez a historia sucede na transición española, tempo no que Lola López irá introducindo ao lector, facéndoo partícipe tanto da efervescencia político-social do momento, como do mundo persoal de Julia, a protagonista da novela.

De 1999 a 2009 dirixiu o programa literario La mar de letras, do Festival Internacional de Músicas del Mundo, la Mar de Músicas. Dende 2005 coordina diferentes obradoiros de escritura creativa na biblioteca rexional de Murcia, tarefa que comparte co moderador da conversa que manterá cos lectores e director do espazo de escritura creativa  Polisemias, Pedro Ramos.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>