GRANDE ACONTECEMENTO! : Agasallo do ciclo Poetas Di(n)versos

9Xuño

Poetas Di(n)versos20:30 Rúa Ágora s/n 15010 A CoruñaCentro Cultural ÁgoraEvento organizado por: Centro Cultural Ágora Tipo de evento:Letras

O ciclo Poetas Di(n)versos vaise de vacacións e despídese de nós temporalmente cun agasallo particular, o encontro entre o noso Premio Nacional de Poesía Álvarez Torneiro e Adonis, candidato a recibir o Premio Nobel.

Manuel Álvarez Torneiro. Foto: D.F

Manuel Álvarez Torneiro. Foto: D.F

Son xa tres anos nos que os poetas galegos miden os seus versos con de autores chegados de todo o mundo. Nese xogo non hai perdedores, só gañadores: o público que asiste fiel, os propios autores, a poesía. Poetas Di(n)versos consúmase como o único ciclo poético estable a nivel estatal en combinar autores locais e internacionais, escritores galegos con poetas de, todas as línguas.

Moita calidade literaria ten pasado polo escenario do Centro Cultural Ágora grazas ás propostas da coordinadora do ciclo, a tamén poeta Yolanda Castaño. Porén, o que atopará o espectador o vindeiro luns, pode considerarse un brillante e esplendoroso fin de festa, un auténtico galano de despedida. A voz local será a de Manuel Álvarez Torneiro, poeta coruñés e único galego ata hoxe galardoado co Premio Nacional de Poesía, na edición do ano 2013. Torneiro foi entrevistado estes días por esta páxina. Compartindo escenario con el, a voz que chega desde o leste, o poeta sirio Adonis, varias veces candidato ao Premio Nobel e considerado un dos poetas vivos máis importantes. Adonis visita por primeira vez Galicia. Dúas propostas literarias, dúas filosofías, dúas estéticas que dialogarán, demostrando que en calquera lingua, a poesía é a expresión esencial dos pobos.

Fuente: Wikipedia

O poeta sirio Adonis. Foto: Wikipedia

Manuel Torneiro recitará versos en galego do seu recentemente publicado Onde nunca é mañá (2014), pero tamén do premiado Os ángulos da brasa (2013) ou de Rigurosamente humano (1995), entre outros. Despois será a vez de Adonis, que recitará os seus versos en árabe, lidos posteriormente en galego pola presentadora Yolanda Castaño, responsable, tamén da súa tradución.

Peche case estival do ciclo pola porta grande, este luns, 9 de xuño, ás 20.30 h no Centro Cultural Ágora. Seguro que quedamos con gana de máis.

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>