Eloy Tizón corrixe sonos na Coruña

“Se corrigen sueños” é o taller literario organizado pola concellería de Cultura no Ágora dentro do ciclo “Libros en directo” no que o autor presentará o seu libro de relatos “Técnicas de iluminación”.

eloy tizón técnicas de iluminaciónAproveitando a ocasión da presentación do seu libro, “Técnicas de iluminación”, ou o revés, o escritor madrileño Eloy Tizón “correxirá os sonos” de todos aqueles que queiran apuntarse a este obradoiro literario. Os días 22 e 23 de abril, Tizón amosará ferramentas útiles para a crítica e autocrítica creativa, e como compoñer de manera correcta os nosos textos. Trátase dun convidado de excepción, xa que Eloy Tizón é considerado pola crítica un dos mellores escritores de relato curto da literatura española. Na súa obra atopamos novela; Labia, La voz cantante e Seda salvaje; e tres libros de relatos: Técnicas de iluminación, Parpadeos e Velocidad de los jardines.

A inscripción para o obradoiro, que é gratuito conta cunha duración aproximada de catro horas, estará aberta até o día 11. O filtrado de asistentes será a través da calidade dos relatos que se lle envíen o autor. Serán coñecidos os agraciados durante a presentación do seu libro, “Técnicas de iluminación“, o 21 de abril, no ciclo Libros en Directo” do Ágora. Para incrisbirse ou para ver máis información poder seguir este enlace.

Eloy Tizón

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>