E ti… que libro recomendas?

No Día internacional do Libro propoñemos á xente do mundo da literatura da Coruña que faga unha recomendación de lectura. Atréveste ti tamén?

 

Hoxe, 23 de abril, celébrase en boa parte do mundo (e na Coruña tamén) o Día Internacional do Libro. Tal día como hoxe foi enterrado un dos nosos escritores máis ilustres, Miguel de Cervantes, finou o Inca Garcilaso de la Vega e tamén William Shakespeare, se contamos polo calendario xuliano. Foi esta a razón pola que a UNESCO emprazou neste día a súa intención de fomentar a cultura, a propiedade intelectual e os dereitos de autor.

Tras esta breve recensión da wikipedia, que a boa xente de Vivir na Coruña visita para que aforredes tempo, queriamos compartir algo con vós neste día. Non temos presuposto para regalarvos rosas ou libros a cada un, así que botámonos á rúa e pedimos a persoas relacionadas co mundo da literatura da cidade que recomendasen un libro. (Autores, editores e libreiros, faltades mais dos que estades). Tamén animamos a que compartades as vosas recomendacións na sección de comentarios. Dende a literatura de viaxes ó cómic, a novela e poesía, ó libro de auto axuda: cal é a túa recomendación?

Antía Otero. Poeta.

Libro: Intempériome de Xela Arias (#engalegoleo)

“Porque é un poemario onde a palabra faise material e é un dos exemplos máis claros da poesía de vangarda, espida e rupturista feita en galego”

 

Pepe Díaz. Libraría Couceiro.

Libro: Antoloxía do conto popular galego de Henrique Harguindey e Maruxa Barrio

“Seguramente un dos libros dos que máis exemplares vendín nos meus mais de 30 anos de libreiro. Un tratado filosófico de contos que reflexan a auténtica retranca galega”

 

 

Francisco Fernández Naval. Escritor.

“Supoño que unha boa proposta é compartir o día con algún dos moitos escritores que nos deixaron este ano: Félix Grande, Juan Gelman, José Emilio Pacheco ou Gabriel García Márquez. Pero estamos de celebración, polo centenario do nacemento de Julio Cortázar e eu quixera recomendar calquera dos seus libros de relatos. A prosa de Cortázar é unha sorpresa e unha alegría para o lector. Axiña, xa dende as primeiras frases, o autor consegue que o lector se soñe parte da historia e cómplice na escritura. Os seus relatos son un gozo extraordinario”.

Tucho Calvo. Editor de Biblos clube de lectores e escritor

Libro: A pantasma da casa da Matanza de Miro Villar e Xosé Covas

“A nosa recomendación desde Biblos é A pantasma da casa da Matanza, un relato rimado de Miro Villar que ilustrou Xosé Cobas e que, arredor da sempre misteriosa Negra Sombra de Rosalía de Castro, nos permite interesantes niveis de lecturas para todas as idades. Esta obra mereceu este ano o premio Neira Vilas de literatura infantil e xuvenil da Asociación Galega de Editores como mellor libro do 2013″.

Mónica Abuín. Libraría 7 mares

Libro: Canta a Irlanda: Un viaje por el Eyre de Javier Reverte

“Creo que Javier Reverte é un dos mellores escritores de viaxes do momento. Leva moitos anos escribindo, sabe enganchar o lector para que monte con él na súa viaxe”.

Yolanda Castaño. Poeta

Libro: Carne de Leviatán, de Chus Pato

“Porque cando unha das nosas mellores poetas ensaia unha liña máis clara, a fondura e transcendencia das súas palabras segue a ficar intacta.”

Héctor Martín. Libraría Alita Comics

Comic: El Héroe, de David Rubín

“Un cómic con moita cor e visualmente moi potente. É unha visión das probas de Heracles un tanto retrofuturista.

Pedro Ramos. Narrador e profesor de escritura creativa en Polisemias

Libro: Movimiento perpetuo, de Augusto Monterroso

“Si tuviera que elegir un libro, me quedaría con Movimiento perpetuo, de Augusto Monterroso, un libro donde el autor muestra su libertad, textos que no se sujetan a ninguna ley establecida. Epigramas, cuentos hiperbreves, reflexiones y revelaciones Sólo existen tres temas: el amor, la muerte y las moscas… El lujo de la palabra exacta. Y mucho sentido del humor”.

 

Amparo Gantes. Libraría Arenas

Libro: La vida para principiantes, de Slawomir Mrozck

“Un diccionario intemporal.  Es un libro de relatos brevísimos, de dos páginas como mucho. Humor inteligente, ironía… Mrozck es un escritor serio y satírico que deforma situaciones cotidianas hasta la carcajada. Para este fin de abril lluvioso, para este tiempo de incertidumbre…Un poco de surrealismo no viene mal.”

 

 

Eduardo. Libraría Queixume

Libro: Las gafas de la felicidad: Descubre tu fortaleza emocional, de Rafael Santandreu

“Axudarache a facer frente os teus medos”

Xan Arias. Editor da Editorial Trifolium.

Libro: Métase mi Prieta entre el durmiente y el silbatazo, de Elena Poniatowska.

“Elena Poniatowska, dando muestras de un poderoso impulso creador unido a la necesidad de recuperar las voces de los otros, se aventura, con penetración, lirismo, humor, sensibilidad y oficio notables, en esas zonas oscuras en las que rara vez se adentra la literatura mexicana: las relaciones entre sexos y entre las clases sociales.”

 

 

Marcelino Fernández Mallo. Escritor e economista.

Libro: En picado, de Nick Hornby

“A novela empeza cos seus protagonistas subidos a un tellado con intención de tirarse ao baleiro. So para saber como se desenvolven os acontecementos, xa habería que lela. En picado, que garante unhas horas gozosas, representa unha chamada de atención contra os profetas da rendición e os reclutas da vulgaridade.”

Doda Vázquez. Periodista.

Libro: El amor dura tres años, de Frederic Beigbeder

“Hay muchos libros que podría recomendar, pero hay uno que me gustó especialmente hace diez años y que resulta fácil de leer: El amor dura tres años, de Frederic Beigbeder. Está escrito según el estilo del autor, que era publicista, profesión que abandonó tras su primer éxito literario, 13,99 euros. Es, obviamente, una novela sobre el amor, las relaciones y la crisis de los 40. Irónico y cáustico, lleno de frases para subrayar y soltar en una reunión plagada de snobs de vuelta de todo”

 

 

María Nieto.  Eme Comunicación.

Libro: Crímenes Exquisitos, de Nieves Abarca y Vicente Garrido

“Aunque es DIFICILÍSIMO para una devoradora de libros elegir sólo uno, creo que acierto recomendando Crímenes Exquisitos, de Nieves Abarca y Vicente Garrido (Ediciones Versátil 2012). Una novela negra CTV donde las haya, y no sólo porque Abarca sea coruñesa. La trama, que más que oscura es directamente perversa, transcurre entre A Coruña y Londres, y difícilmente dejará indiferentes a los amantes de la novela negra. Que a nadie le asuste la extensión de la novela -más de 800 páginas- porque su narración ágil y su trama la hacen ligera como una pluma. Además es un libro que descubrí gracias a un compañero de profesión al que aprecio mucho, lo que le da mayor significado para mí.”

 

 

 

 

Pin It

2 Comentarios sobre “E ti… que libro recomendas?

  1. Daniel Fernández
    Daniel Fernández 23/04/2014 at 12:54 - Reply

    Los vagabundos del Dharma, de Jack Keroac

    Foi unha recomendación dun bo amigo. Neste libro Keroac, a través das súas experiencias vitais, amósanos que para disfrutar da vida non temos que ter todo o que pensamos, que as veces o silencio da noite reconforta. Un tanto bucólico pero este libro apacigua a mente e o corpo.

  2. Para mí un clásico que a veces hay que sacar de la estantería y releerlo. Sátira al poder político, donde describe la corrupción que engendra el poder; así como lo fácil que es engañar al pueblo cuando este carece de educación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>