As crebas galegas viaxan a Islandia

Maribel Longueira e  Francisco X. Fernández Naval presentan un proxecto artístico-literario en Islandia amparados polo  programa EEA GRANTS da embaixada de Noruega en España.

A fotógrafa Maribel Longueira e o escritor Francisco X. Fernández Naval despegan hoxe cara á terra de xeo, a espida de árbores, Islandia. O motivo da viaxe é a realización dun proxecto fotográfico e literario vinculado ó mundo das crebas. Crebas son todos aqueles despoxos que o mar deixa varados nas praias e cantís e que, dalgunha forma, acaban sendo útiles para aquel que ten a sorte de atopalas.

O proxecto desenvolverase nas dúas maiores cidades da Illa, a capital Reykjavik e a segunda maior Akureyri, aínda que é bo recordar que a poboación total islandesa non supera á da Coruña. O día 2 de maio Maribel Longueira inaugurará a súa exposición “Xente no medio” na Universidade de Islandia, en Reykjavik. Esta exposición xa estivo no 2008 na nosa cidade na Casa dos Peixes. O obxectivo da autora é a concienciación, unha profunda mirada sobre o impacto do ser humano no medio.

No marco desta exposición, Fernández Naval e o poeta galego-islandés  Elías Knörr ofrecerán un recital poético adicado o mar. Fernández Naval tamén dará, na Facultade de Linguas Extranxeiras da mesma universidade, unha conferencia sobre crebeiros e raqueiros e como as correntes oceánicas conforman a cultura da costa atlántica, de Portugal a Islandia. Esta conferencia coincide coa presentación dun novo libro de ensaio de ambos creadores, “As crebas outro xeito de andar o mar” (Baía Edicións), na libraría Couceiro de Santiago. A crebas: Outro xeito de andar o mar

Este programa, exposición, recital e conferencia, repetirase de novo o día 8 de maio na cidade de Akureyri, sendo acollidos pola universidade desta cidade e o Stefasson Arctic Institute. As exhibición das dúas copias das imaxes de Maribel Longueira permanecerán expostas nas dúas cidades durante todo o mes de maio.

O proxecto inscríbese nunha iniciativa promovida pola embaixada de Noruega en España, dentro do programa EEA GRANTS, de apoio á mobilidade cultural de individuos no campo da arte e da cultura contemporánea.

Seguiremos moi de cerca o andar deste dous artistas por aquelas distantes terras. Manterémosvos informados.

 

 

Pin It

Un comentario sobre “As crebas galegas viaxan a Islandia

  1. Xa estamos neste país increible de nomes imposibles de pronunciar e de reter na memoria, pero que nos recibe con un sol marabilloso e nos acompaña ata as 9 da noite. Un país atlántico coma o noso e que penso que temos moitas cousas que nos unen. Mañá mirameros o espazo onde montarei a exposición,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>