Arquitecturas interiores de Carolina Fernández

8Xuño

ARQUITECTURAS INTERIORES CON CAROLINA FERNÁNDEZ 20:00 Calle Joaquín Planells Riera, s/n. A CoruñaCasa TomadaTipo de evento:Teatro

Este domingo, na Casa Tomada, a artista Carolina Fernández convídanos a unha viaxe na procura do noso mundo interior.

Carolina Fernández

Carolina Fernández

Carolina Fernández é unha artista polivalente que comezou a súa carreira na danza pero que, co paso do tempo, foi sentindo a chamada doutras expresións artísticas como o teatro ou o audiovisual. Proba disto é Arquitecturas interiores, unha performance multidisciplinar na que poesía, imaxe e movemento, mestúranse nunha proposta introspectiva cara ao mundo interior de cada un. “O que busco é crear unha linguaxe e un discurso propios, na procura de desestruturar o pensamento da cidade e do mundo preconcibido”, cóntanos.

Ao longo do proceso de creación de Arquitecturas interiores, Carolina atopou un colaborador moi especial: o poeta galego Alfonso Pexegueiro quen, en base a un diálogo íntimo e de amizade, foi transcribindo as inquietudes da artista e levándoas ao ámbito da súa linguaxe, a poesía. “A colaboración con Alfonso foi case unha investigación dende a verdade e o cariño, por iso a xente que ve a obra sente que o texto esta moi integrado en min”, afirma.

Arquitecturas interiores de Carolina Fernández.

Arquitecturas interiores de Carolina Fernández.

A súa obra procura un novo diálogo do individuo co mundo, busca a transformación social e pon sobre a mesa unha clara declaración de intencións: “a construción dun espazo íntimo e firme dentro dos nosos corpos, que nos permita a exploración máis alá dos límites establecidos polo exterior, creando individualidades fortes e máis verdadeiras. Trátase de rachar co que nos ven imposto”, proclama a artista.

O público que se aproxime á Casa Tomada terá a oportunidade de viaxar con Carolina a eses mundos. “Unha obra profunda, non tanto de entretemento, que xa alcanzou a súa madurez artística”, conclúe.

Carolina Fernández está a preparar o salto de Arquitecturas interiores cara outros públicos e mercados, coa programación do espectáculo en festivais galegos, aventurándose, tamén, a festivais internacionais. Polo de agora, a vindeira parada na súa viaxe é o domingo as 20.00h na Casa Tomada da Coruña.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>